Convenio para fomentar o uso do autobús de Monte Porreiro

245
  • ‣ Dalle pulo ao uso habitual da liña de transporte público xa que a subvención por viaxe conta a partir do no 12 do mes

O alcalde Miguel Fernández Lores e Aurelio Cuiíña, administrador da empresa Autocares Rías Baixas SL, asinaron hoxe o convenio de colaboración que fai posible a subvención ás persoas usuarias da liña de transporte público regular de Monte Porreiro. Neste barrio, situado a 2 quilómetros do centro urbano residen 7.000 veciños e veciñas.

“A subvención prima o uso do autobús pois a subvención -de é unha realidade a partir da viaxe número 12 do mes”, e dicir, beneficia aos usuarios habituais, aos que utilizan o autobús para desprazarse ao traballo, a estudar, a facer xestións,… entre o barrio e o centro urbano, explicou o alcalde.

Nos catro anos de colaboración constátase “unha evolución moi positiva”, un descenso do número de viaxes con pago efectivo de case un 10% e un aumento das viaxes pagados coa tarxeta moedero, que no caso de máis de 12 viaxes incrementouse máis do 40%. A subvención é de 0,50 euros por viaxe e a contía do convenio ten o tope de 71.000 euros anuais.

 

 

D2012-3

 

2013-4

 

2014-5

 

2015-6

 

2016-7

Var. no viaxes pago efectivo

-13,78%

-8,71%

0,60%

-3,12%

1,74%

-9,49%

Var. no viaxes pago tarxeta

-8,74%

10,90%

3,65%

-1,39%

4,16%

17,33%

Var. viaxeir os totales

-11%

1,96%

2,40%

-2,08

3,20%

5,49%

Var. no tarxeta usadas

-0,55%

9,02%

-1,23%

1,28%

1,77%

10,84%

Var. no tarxeta de +12 viaxes

-8,51%

19,26%

 

2,00%

13,47%

7,69%

 

42,43%

 

 

O convenio renovado ten un ano de vixencia e inclúe unha prórroga dun ano.

Convenio Autocares Rías Baixas

Memoria xustificativa convenio