Pontevedra rodando, unha forma de xogar e aprender a facer audiovisual

179
    • A segunda edición deste obradoiro impartirase na Casa da Luz durante o mes de maio

A Concellaría de Promoción da Cidade, da man da Film Commission, organiza o segundo Obradoiro audiovisual amateur “Fai a túa curtametraxe”, dado o éxito da última edición de “Pontevedra rodando”. O propósito deste obradoiro é amosar as claves dunha rodaxe na que os participantes “xogan” a ser actores, realizadores, produtores, directores…

O obradoiro estará coordinado por Pablo Cacheda, e desenvolverase os días 3, 9, 10, 14, 22, 24, 25 e 26 de maio na Casa da Luz en sesións de dúas horas ou dúas horas e media. As persoas interesadas poderán inscribirse no correo volvemosaprimeraproducciones@gmail.com

As inscricións están abertas até o vindeiro 30 de abril.

Ante a diversidade de persoas que se achegaron ao proxecto na pasada edición, nesta ocasión acordouse abrir a franxa de idade de 13 a 90 anos.

A concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías asegurou que “é moi grato repetir esta experiencia” porque introduce no mundo audiovisual a moita xente e que fai de Pontevedra un plató de rodaxe.