Lores recibe a Carlos Conde, exemplo do novo empresariado que medra na cidade

81
  • O propietario de Carlos Conde Peluqueros conta con 44 centros no Estado, 21 deles en Galiza e moitos franquiciados; establecementos en Portugal e Francia e con proxectos en marcha en Marrocos e Miami
  • A empresa naceu en Pontevedra, ten aquí a súa sede e traballa na apertura dun Centro de Formación na cidade

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores mantivo hoxe un encontro no Concello con Carlos Conde, fundador e propietario de Carlos Conde Peluqueros, un proxecto empresarial que comezou hai 21 anos na Pasarela de 12 de Novembro e que hoxe en día conta con 44 centros no conxunto do Estado, 21 deles en Galicia, e no exterior, en Portugal e Francia e que ten en marcha proxectos para abrir establecementos en Marruecos e Miami. Ao encontro asistiu tamén a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías.

Fernández Lores amosou a súa satisfacción polo éxito acadado por “unha empresa de Pontevedra, orgullosa de ser de Pontevedra, que ten a sede en Pontevedra e que agora necesita un centro de formación (ten moitas franquicias a cuxos titulares e persoal forma) e vai a abrila en Pontevedra” . O alcalde puxo en valor o feito de que Carlos Conde “forma parte do novo sector empresarial que xurde en Pontevedra e que ten proxección internacional como Qbitia, Krac, Setga ou Cristalería…”, un sector empresarial que leva o nome de Pontevedra polo mundo adiante.

Carlos Conde indicou que o seu un proxecto empresarial “consolidado e forte”, que está medrando, en número de franquicias e en presenza internacional e que ten diante o reto de construír e pór en marcha un Centro de formación, que ensine o método de traballo e os piares do negocio a posibles franquiciados e traballadores. Atá agora son os formados os que se desprazan a dar os cursiños oportunos.

O empresario pontevedrés valor o esforzo que está facendo a cidade, co alcalde ao fronte, para internacionalizarse polo que amosou o seu interese en participar, chegado o caso, en novas embaixadas comerciais do Concello

No horizonte deste ano ten a apertura de 9 centros no Estado, outro en Lisboa a introdución do negocio en Marrocos e un proxecto de desembarco en Miami, ademais da apertura do Centro de formación en Pontevedra.