Luz verde á adxudicación de 8.000 composteiros individuais a Alqui Envas

51
  • Un licitador presentara un recurso contra esta adxudicación, que agora desestima o Tribunal.
  • Con esta resolución, o Concello poderá asinar o contrato nos vindeiros días para que a empresa inicie o despregue en maio polas parroquias de Salcedo e Tomeza.

O Concello recibiu a resolución do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais que interpuxera a empresa Plastic Omnium contra a resolución da Xunta de Goberno que adxudicaba á empresa Alqui Envas o subministro de 8.000 composteiros individuais para vivendas unifamiliares con fincas, tanto no ámbito urbano como no rural. A resolución confirma a adxudicación feita pola Xunta de Goberno polo que queda desbloqueada esta adxudicación de tal xeito que nos vindeiros días poderase asinar o contrato e solicitar á empresa adxudicataria a documentación obrigatoria do contrato.

A licitación de 8.000 composteiros individuais saíu a licitación por máis de 800.000 euros, e a empresa Alqui Envas presentou unha oferta de 464.640 euros. A empresa, ademais de entregar os composteiros, deberá desplegalos polas zonas que lle indique o Concello nun prazo máximo de dous anos.

O concelleiro responsábel de Contratación, Raimundo González explicou esta mañá que ao longo do vindeiro mes poderase iniciar o despregue definitivo polas parroquias do rural. De feito, está previsto que poida comezar polas parroquias de Salcedo e Tomeza.

Asegurou que “hoxe se desatranca o despregue da compostaxe individual”.

Resolución Tribunal administrativo central de recursos constractuais