Trece empresas presentan ofertas para reformar a rúa Cruz Vermella

53
  • O orzamento de licitación é de 1,4 millóns de euros e o prazo de execución da obra de dez meses.
  • Está previsto actuar en Cruz Vermella, Álvaro Cunqueiro, Salustiano Portela Pazos e Padre Gaite

A Mesa de Contratación do Concello abriu a pasada semana as ofertas das empresas que se presentaron para reformar a rúa Cruz Vermella. Foron 13 compañías as que aspiran a reformar esta céntrica rúa, que incorporará os estándares e calidades do modelo Pontevedra. O orzamento de licitación é de 1.400.000 euros e o prazo de execución da obra é de 10 meses.

As empresas que presentaron oferta son:

  • Elsamex
  • Xestión ambiental de Contratas
  • Caldevergazo
  • UTE Ediserpo-Ogmios
  • Covsa
  • UTE Naturgalia – SYR-AMG
  • Nexia
  • E.C.Casas
  • UTE Acevi HM (Hidromiño)
  • Ovisa
  • Provisa
  • Prace
  • Oresa

A Cruz Vermella é a rúa principal deste populoso barrio que ten unha alta densidade de
poboación, na que é imprescindíbel gañar espazos de convivencia. Ademais, neste ámbito hai bastantes negocios e varios espazos de características singulares como a escola, o pavillón de deportes e o Centro de Día da Cruz Vermella.

Aínda que se fala da reforma de Cruz Vermella, en realidade o que se proxecta son catro actuacións:

  • A rúa da Cruz Vermella máis a de Álvaro Cunqueiro na que se empatará a actuación coa obra xa feita. Gáñase espazo peonil con beirarrúas de máis de tres metros, ordénase o aparcamento nunha única beira da calzada e regularízase o mobiliario urbano.O tráfico a motor terá saída por Salustiano Portela Pazos, cara a avenida de Bos Aires.
  • Rúa Salustiano Portela Pazos: Queda en dirección saída do barrio e cambiáselle de lado o aparcamento
  • Rúa do Padre Gaite: Refaise a beirarrúa enteira e elimínanse os plátanos que son unha barreira na beira do Pavillón Universitario. Substitúense por novas árbores e ordénase todo o espazo con mobiliario, iluminación, árbores, tránsitos peonís…
  • Nova Praza: É a actuación máis ambiciosa e quere prestar atención preferente ao centro de ensino permitindo que os nenos poidan ir sos aos centros de ensino e poidan xogar na rúa. Tamén se lle dá un servizo parecido ao pavillón de deportes e ao centro da Cruz Vermella.O acceso e saída á praza será pola rúa Padre Gaite.
     Ademais destas actuacións concretas en cada rúa, tamén se farán actuacións xerais como:
  • Renovación da rede de saneamento, de auga e de electricidade para a iluminación.
  • Instalación de mobiliario urbano
  • Cambio integral da iluminación
  • Novo arborado con tratamentos diferenciados en cada zona: Rúa da Cruz Vermella: Melia azederach; Rúa de Salustiano Portela Pazos: Acer plastanoide Globosum; Rúa de Álvaro Cunqueiro: Acer plastanoide Globosum;  Rúa Padre Gaite: tilia cordada Greenspire e Nova praza: créase un conxunto de magnolios e mantéñense tres plátanos dos existentes