Antonio Manuel Fraga gaña o I Premio de Narrativa Xuvenil María Victoria Moreno

3
  • Fraga, autor do segundo libro editado polo Salón, „Escaquis e Romeu‟ obterá unha dotación de 4.000€ por parte do Concello e a publicación da obra da man de Urco.
  • A súa obra foi seleccionada entre os 31 orixinais que participaron nesta primeira convocatoria.
  • O xurado, do que formaban parte as escritoras Eli Ríos ou Montse Pena Presas, destacou o elevado nivel das propostas recibidas.

No marco do Salón “Mulleres de conto‟ tivo lugar ao longo da tarde de hoxe, Día do Libro, a deliberación por parte do xurado composto por Montse Pena Presas (vía Skype), Eli Ríos, en representación da familia de Mª Victoria Moreno, Andrea Martínez polo IES Gonzalo Torrente Ballester, a mestra Mª Carmen Hermida e Andrea Jamardo Seijo de Urco Editora.

Dos 31 orixinais recibidos, foron seleccionadas previamente 11 obras de narrativa, teatro e poesía entre as que o xurado escolleu a gañadora e dúas finalistas, baixo os pseudónimos de Be Water e Irmá Paxaro.

Andrea Jamardo, de Urco Editora, voceira na lectura da acta, destaou o elevado nivel das obras recibidas e de participación na convocatoria e, como cualidades da obra gañadora, a fortaleza das personaxes femininas e o feito de introducir o bestiario máxico galego nun contexto histórico. Carmen Hermida sinalou que “a sensibilidade coa que está escrita, fixo pensar á maioría do xurado, que fora escrito por unha muller”.