Doce propostas xuvenís de música, teatro, pintura e cine subiranse ao palco nos meses de maio e xuño

69

    • O programa “Sube ao Palco” pretende visibilizar o talento artístico da mocidade dándolles a oportunidade de amosalo habilitando o Quiosco da Alameda para estes fins.
    • A programación comeza o xoves, 3 de maio, coa actuación musical de RoseMary.

O Quiosco da Alamenda convertirase nos meses de maio e xuño no escenario do talento artístico da mocidade de Pontevedra coa programación do novo proxecto da Concellería de Xuventude, “Sube ao Palco”.  Visibilizar o talento artístico da mocidade de Pontevedra, así como recuperar o espazo do Quiosco da Alameda, aparcado durante anos da programación cultural da cidade, son os obxectivos principais desta iniciativa que ofrecerá 12 propostas e que arrinca este xoves, 3 de maio, coa actuación musical de RoseMary.

Marián Romero, estudante de Publicidade e Relacións Públicas no Campus de Pontevedra, é a artista que está detrás deste proxecto musical que mestura xéneros como o soul, o góspel ou o blues, decantándose por timbres de contraltos graves que non deixarán indiferente a ningún espectador. O concerto terá lugar as 20.30 horas e ten unha duración aproximada dunha hora.

A esta actuación musical lle seguirán: Jaime Van Bergen e Beatriz Sánchez Madruga o xoves, 10 de maio co seu proxecto “Proceso de Creación Creativa – Impro sonora sobre formato audiovisual”; onde as imaxes e os sons xerarán unha estructura circular que sumerxerá aos espectadores nun mar de secuencias proxectadas poñendo en evidenca a capacidade da transformación social nas artes vivas.

O audiovisual será outros dos protagonistas na programación deste primeiro mes de Sube ao Palco. O xoves, 24 de maio será a quenda da webserie “Generación WIFI” e o xoves, 31 de maio da proxección das curtametraxes Van, Astal e Bágoas Negras. Ambas proxeccións se realizarán en dúas quendas a partir das 21.30 horas. Estarán presentes os membros dos proxectos audiovisuais que achegarán aos espectadores todos os detalles do desenvolvemento destas produccións.

A música será a encargada de dar comezo á programación do mes de xuño. O grupo pontevedrés de hardrock, Particle, subiráse ao Quiosco da Alameda o mércores 6 de xuño ás 20.30 horas. Seguirá a esta proposta, a performance teatral “Me hicieron la de Ubú Rey” de Miguel Tierra Rodríguez, na que se establecerá un diálogo indirecto no que se inclúen varias personaxes tratadas pola mesma persoa que se fai preguntas e se responde ao mesmo tempo. Será o xoves, 14 de junio ás 20.30 horas e estará acompañado no escenario por Daniel Gómez, que ofrecerá un concerto de música indie-folk.

O xoves, 21 de xuño, subiránse ao palco a escola de artes Alquimia Arts cunha exposición de pintura dos traballos realizados polos seus alumnos. Estarán acompañados da banda “Elephant in the Room”, proxecto de tres alumnas do Campus de Pontevedra, que ofrecerán un concerto en acústico.

A programación pecharase coa obra de microteatroFase Lola” , unha reflexión sobre o amor e o papel da amizade na superación dunha crise sentimental. A obra terá lugar o xoves, 28 de xuño ás 20.30 horas e contará con dous pases.