I Memorial Fernando Viéitez: lembranza dun querido veciño, dun home bo

96

‣ O Centro Sur acollerá os días 4 e 5 de maio unha ampla programación de actividades que inclúe a proxección do audiovisual “Fernando, amigo de Campolongo”

Campolongo renderá homenaxe a Fernándo Viéitez, quen fora a “alma mater” da vida comunitaria do barrio e co fundador da Asociación Amigos de Campolongo e que “nos deixou a todos un pouco orfos”, en palabras dos organizadores do que será o I Memorial Fernando Viéitez. Un memorial ao que están convidados todos os veciños e veciñas de Pontevedra.

O Centro Sur acollerá este I Memorial no que participan dun xeito activo, o Concello de Pontevedra xunto á Asociación de Veciños Salcedo Norte, a Asociación Amigos de Campolongo, o Cineclube de Pontevedra, IGADI, Sociedade Antropolóxica Galega, Club de Taekwondo Mace-Sport, Asociación Coral Polifónica de Pontevedra e Club Escola Hungaresa de Esgrima Deportiva. Unha organización heteroxénea que fala do carácter de Fernando a quen lembran como veciño, querido, entusiasta e inclusivo; unha persoa irrepetíbel, un home bo.

O venres e sábado, 4 e 5 de maio, desenvolverase un amplo programa de actividades de dinamización social, culturais, deportivas e solidarias e que inclúen a proxección do audiovisual “Fernando, amigo de Campolongo”. O I Memorial Fernando Viéitez dará comezo ás 17.30 horas no salón Alalá do Centro Sur cunhas palabras do alcalde Miguel Fernández Lores..

Cartel Fernando Vieitez