Máis de 2.200 veciños fan uso dos dez composteiros comunitarios urbanos

74
  • Xestionadas 18 toneladas de residuos nos centros do barrio Eduardo Pondal-O Gorgullón desde o 7 de marzo
  • Desde o despregue dos primeiros composteiros de Monte Porreiro, en xullo de 2016, son 73,8 as toneladas tratadas
  • A perfecta separación en orixe amosa o interese e compromiso ambiental da veciñanza co sistema ao tempo que medra a demanda de novos composteiros
  • O Concello ten en marcha o proceso para contratar persoal para avanzar na implantación da compostaxe: 61 persoas optan a praza de técnico superior e 91 ás tres de auxiliares

A aposta pola compostaxae avanza sen pausa e dende a apertura dos composteiros comunitarios do centro urbano -Eduardo Pondal, San Brais, Ponte Boleira, Camiño de Ferrro e máis os do campus- a un ritmo “elevadísimo”, o que fala do interese da veciñanza polo sistema alternativo de tratamento dos biorresiduos que impulsa o Concello de Pontevedra e tamén do seu compromiso xa que a separación en orixe do lixo é perfecta o que está a xerar un compost da máxima calidade (clase A).

Hoxe en día, deixando a un lado os centros de compostaxe da Brilat e Cidade Infantil Príncipe Felipe (de uso exclusivo desas dependencias) hai 10 composteiros comunitarios funcionando na área urbana: son os das rúas Alemaña e Italia e a praza de Europa no barrio de Monte Porreiro, instalados nunha primeira fase; máis os instalados no campus universitario (2) e recentemente en Eduardo Pondal (2), Ponte Boleira, Camiño de Ferro, San Brais.

A concelleira de Servizos, Carme da Silva fixo balance da implantación da compostaxe, un proceso no que participan (fan aportacións) máis de 2.200 veciños e veciñas de Pontevedra cun grado de concienciación ambiental e implicación importante xa que non se detectou nos composteiros -controlados ao día polas mestras composteiras- residuos impropios. A resposta da veciñanza desborda ás previsións de uso feitas arredor dos novos composteiros comunitarios, por exemplo o primeiro centro de compostaxe aberto en Eduardo Pondal o pasado 7 de marzo tivo que ser pechado o 26 de abril ao estar cheo. Aberto co compromiso de uso de 44 familias (vivendas), cálculase que foi utilizado por algo máis de 150.

“En 50 días, xestionáronse 8,8 toneladas de biorresiduos” indicou Carme da Silva quen engadiu que nos composteiros do barrio do Gorgullón-Eduardo Pondal máis San Brais lévanse tratados 18 toneladas de biorresiduos e iso que algúns destes centros levan en uso só unha vintena de días.

Nos centros de compostaxe comunitaria abertos con anterioridade (os do barrio de Monte Porreiro máis os do campus) lévanse xestionados 55,8 toneladas de biorresiduos. Hai que ter en conta que os de Monte Porreiro levan en funcionamento desde xullo de 2016.

En total son 73,8 as toneladas de masa de biorresiduos xestionadas nos composteiros comunitarios.

Contratación de persoal

A concelleira de Servizos, Carme da Silva, explicou que “hai peticións” de novos composteiros comunitarios chegados desde distintos puntos da cidade mais “até que non teñamos máis persoal para atendelos centros nos podemos despregar máis”.

Neste senso lembrou que o Concello de Pontevedra ten en marcha un proceso para a contratación de persoal -un técnico do grupo A1 e tres auxiliares do grupo C1- que complete ao asignado polo Plan Revitaliza que non da abastos diante da crecente demanda de composteiros.

Rematado o prazo para optar ao proceso selectivo rexistráronse 152 solicitudes: 61 para o posto de técnico superior e 91 para as tres prazas de técnicos auxiliares. Carme da Silva sinalou que os candidatos farán unha proba- oposición e que non está previsto novas convocatorias polo que elaborarase unha lista para posíbeis futuras contratacións.

CCC activos a 02-05-2018