O Concello paga aos provedores nunha media de 37,48 días

17
  • De xaneiro a 31 de abril abonáronse 2.052 facturas por valor de 12 millóns de euros
  • O balance trimestral de morosidade proba que “pagamos con relativa axilidade” subliña Raimundo González que lembra que a normativa vixente da 60 días para saldar contas cos provedores

“Cumprimos cos prazos e pagamos con relativa axilidade”. O portavoz do Goberno local e concelleiro de Economía, Raimundo González, fixo esta afirmación após de dar a coñecer hoxe os datos de morosidade e pago a provedores do Concello de Pontevedra correspondentes ao primeiro trimestre deste ano.

Desde o 1 de xaneiro ao 31 de marzo o Concello de Pontevedra (incluíndo no cómputo as entidades Pazo da Cultura e Turismo de Pontevedra) fixo pagos por valor de 12 millóns de euros “a contía maior nun primeiro trimestre dende que hai series” sinalou González Carballo, quen lembrou que, por exemplo, o pasado ano os pagos sumaran 10,7 millóns e no 2016 foran 9,6.

En total foron 2.052 o número de facturas pagadas, tal como recolle o balance do primeiro trimestre de 2018. Un balance que reflicte tamén que dos 12 millóns pagados, só 200.000 euros corresponden a facturas do Pazo e Turismo de Pontevedra, e dicir, que 11,8 millóns foron pagados polo Concello.

O prazo medio de pago foi de 37,48 días fronte aos 60 días de tempo máximo que permite a normativa vixente. Tamén neste parámetro rexistrouse unha diminución significativa xa que, por exemplo, no cuarto trimestre do pasado ano a media superara os 50 días.