Maio, mes da lingua non esquece a María Victoria Moreno

67
  • Teatro, roteiros, música, obradoiros, conferencias, literatura … que nesta ocasión xiran arredor de María Victoria Moreno
  • A Concellería de Normalización Lingüística promove, un ano mais, un amplo abano de actividades a prol da lingua dirixidas a nenos e nenas e tamén a adultos

Maio, mes da lingua enche, un ano máis, de actividades dirixidas a profundar no coñecemento e normalizar o uso do galego en todos os eidos da vida. A Concellería de Normalización Lingüística, dirixida por Alberto Oubiña, desenvolve durante todo o mes – ben organizando ben dando soporte- un amplo abano de actividades con estes obxectivos. A programación inclúe teatro, cinema, literatura, roteiros, obradoiros, música, ou actividades lúdicas como, hoxe mesmo, o Correlingua que ateigou as rúas da cidade con case 1.300 escolares dunha vintena de centros educativos de Pontevedra e bisbarra.

Nesta ocasión a programación de Maio, mes da lingua conxúgase cunha ampla oferta de citas que xiran arredor de María Victoria Morena, a mestra e escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas que no 2018 ten o seu epicentro en Pontevedra. A inauguración da placa que sinala a súa vivenda na avenida de VIgo, a presentación do libro O escalón de Ulises. A Pontevedra dos afectos de María Victoria Moreno, a conferencia María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñana moito, de Fina Casalderrey, lectura de textos escolleitos de María Victoria Moreno ou un acto popular adicado a autora… dan conta do protagonismo desta estremeña de nacemento, e galega “por amor”.

DESCARGAR Programa-Maio-Mes-da-lingua-2018

COMPARTIR