- Son achegas para competicións das seguintes disciplinas: Baloncesto, automobilismo, atletismo, taekwondo, fútbol, tenos, natación, piragüismo e ciclismo
A aposta polo deporte é unha liña estratéxica do Goberno local que inclúe dende grandes eventos deportivos, ao apoio e promoción do deporte de base, actividade física en xeral e citas deportivas locais e mesmo colaboracións directas coas federacións. Profundando nesta estratexia a Xunta de Goberno local ven de aprobar subvencións directas por valor de 120.000 euros, segundo informou hoxe o portavoz do Goberno local, Raimundo González.
Son axudas, todas elas, dirixidas a citas deportivas concretas de baloncesto, automobilismo, piragüismo, atletismo, taekwondo, fútbol, tenis, natación e ciclismo, achegas que en ningún caso superan os 12.000 euros.
Convenios promoción do deportes 2018
Club Baloncesto Arxil.
• XVII Torneo 3×3 escolar na rúa
• XXV Torneo Cidade de Pontevedra
Escudería Cidade de Pontevedra
• XXI Subida automobilística Cidade de Pontevedra Sociedad Gimnástica de Pontevedra
• XXIII Medio maratón Cidade de Pontevedra
Club de Taekwondo Mace-Sport
• XXI Campionato internacional de taekwondo Cidade de Pontevedra
Escola de fútbol Portero 2000
• XX Torneo internacional de fútbol benxamín Cidade de Pontevedra
Casino Mercantil e Industrial
• VII Torneo internacional junior de tenis ITF Pontevedra
Club Natación Galaico
• Campionato galego master de inverno
• XIII Trofeo pinturas alborada
Campionato galego de natación absoluto Open, junior e infantil de verán
• XIII Trofeo internacional promesas do Lérez
Federación Galega de Piragüismo
• Campionato galego junior e senior pista
• Campionato galego infantil pista
• Campionato galego cadete pista
• Campionato galego veterán pista
• Copa de España de maratón
• Copa de España 1.000 metros cadete
• Campionato de España junior e senior pista
Federación Galega de Ciclismo
• II Gran premio Cidade de Pontevedra. Esolas, cadetes, junior e elite sub 23 • II Trofeo Concello de Pontevedra. Memorial Rogelio Acuña
• III Ciclocross Cidade de Pontevedra
• Campionato galego de ciclocross Illa das Esculturas