A praza José Martí recupera a imaxe do ilustre poeta cubano

29

    • É un pano de granito no que está labrado a bandeira cubana, e contén o busto do escritor e un poema.

A praza José Martí, no barrio de Santa Clara, volve a dispor, dende hoxe, do monumento que recorda ao escritor, poeta, filósofo e pensador cubano. Trátase dun paño de granito no que e está labrada unha bandeira cubana, acompañada do busto do poeta e o seus coñecidos versos:

Cultivo unha rosa branca

en xullo como en xaneiro

para o amigo sincero

que me dá a súa man franca

para o cruel que me arranca

o corazón con que vivo

cardo nen eiruga cultivo:

cultivo unha rosa branca.

As obras de acondicionamento da rúa Santa Clara, incluíron no seu día, a reforma da praza José Martí, o que obrigou a retirar a estátuta adiacada ao poeta. O monumento era un busto do poeta anclado a unha rocha, no que tamén se podía leer o poema unha rosa branca.

Pasado o tempo, o Concello acordou devolver a imaxe do ilustre escritor cubano ao seu lugar, e hoxe celebrouse un acto oficial no que estivo presente o cónsul xeral de Cuba, José Antonio Solana, que estivo acompañado do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores.

O acto contou coa interpretación do trío Campos, Costa e Churruca.