O alcalde recibe ao novo vicerreitor, Jorge Soto Carballo

26

O alcalde recibiu onte a Jorge Soto Carballo, o novo vicerreitor da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra, nunha visita oficial de presentación logo de ser nomeado polo novo reitor Manuel Reigosa.

Na visita, tanto o alcalde como o vicerreitor, acordaron manter e incrementar a colaboración entre ambas institucións nos diferentes proxectos e liñas de traballo, así como de promoción da cidade, cultural, educativa, social e deportiva.

O alcalde asegurou que a Universidade de Vigo é un socio preferente para Pontevedra e o Cocnello e “temos un sinfin de camiños de abertos que queremos manter e, grande parte deles, incrementalos de cara ao futuro”.

O vicerreitor tamén se amosou ilusionado con esta nova etapa que inicia.

COMPARTIR