Concello, locais e axentes culturais buscan fórmulas para axustarse a nova Lei de espectáculos

87
  • Un ciclo propio, unha marca propia podería dar cobertura as programacións musicais e culturais da cidade
  • Abrirase unha quenda de contactos cos afectados pola nova normativa, charlas especializadas..

Nesta cidade dende hai tempo se traballou con pluralidade de actividades nos espazos públicos tanto coprogramadas co Concello como de difernetes asociacións, e axentes colaborativos da cidade. A nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia (Lei 10/2017, do 27 de decembro) esixe a necesidade de volver a pensar este marco no que imos a desenvolver a partir da agora as actividades.

A nova normativas amosa “certos problemas” que, segundo a concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías teñen que ser enfrontados e corrixidos pois implican unhas esixencias imposibles de cumprir polos pequenos locais, esecenarios e axentes organizadores de concertos e actividades lúdicas e culturais (estudos de impacto acústico, plan de evacuación, plan de seguridade, seguros cunhas contías inasumibles..). “É unha lei feita de costas ao sector ao que vai dirixida, vai de costas á propia sociedade galega porque non ten en conta a industria creativa e cultural deste país” engade a concelleira.

Non é o mesmo un concerto acústico, un recital poético ou unha perfomance e polo tanto non poden ter un trato igual. A lei deixa en mans dos concellos a búsqueda de solucións (convenios, programas marco…)

A concelleira Anabel Gulías subliña que Pontevedra manterá a súa aposta pola creatividade e a cultura e pola implicación directa dos axentes cuturais, sociais económicos na organización e programación de eventos. Para acadar unha solución o Concello ten previsto:

– abrir unha quenda de reunións con todos os implicados para coñecer as súas preocupacións, para coñecer experiencias similares e para seguir traballando na organización de eventos culturais, musicais…

– aproveitar as estruturas que neste Concello se foron creando para seguir apoiando unha cultura e industria creativa e musical – o Local de ensaio e Pontevedra ten un puntazo- para organizar charlas especializadas co fin único de analizar e comprender a nova normativa

– avaliar a posibilidade de crear dende o Concello un ciclo propio, unha marca propia, co fin de programar concertos e actividades baixo o paraugas do Concello. Nesta liña se está a traballar na realización dun programa piloto mais garantindo a participación dos afectados por esta lei e entendendo que hai requisitos e cautelas que hai que respectar si ou si

A Lei 10/ 2017, do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia entra en vigor co novo mes mais non afecta a programación das festas, xa que estas quedan excluídas desta normativa.