A xornalista María Varela, pregoeira das Festas da Peregrina

44

Un dos segredos mellor gardados das Festas de Pontevedra é coñecer a persoa que vai ler o pregón. Este ano será María Varela, xornalista local que dá voz ás mulleres da cidade a través das súas columnas de opinión. Gañadora do premio Fernández del Riego 2017, a pregoeira leva vivindo Pontevedra dende hai máis de 20 anos e traballa arreo para que a cidade sega sendo un referente en todos os ámbitos “xa que teño claro que é a cidade na que me quero quedar”.

Contenta e honrada de ter a responsabilidade de ler o pregón das Festas da Peregrina, asegurou na súa presentación, flanqueada polo alcalde e a concelleira de Festas, Carme da Silva, que “quere representar ás mulleres especialmente nun ano no que a loita pola igualdade colleu moita forza”.

COMPARTIR