Apoio a Barro para facer fronte as secas do verán

18

    • Logo da proposta de Augas de Galicia, Pontevedra estaría disposta a que Barro fixera un bombeo dende Pontillón para resolver os recurrentes problemas de seca

O Concello de Pontevedra mantén a man tendida ao Concello de Barro para tratar de resolver os problemas de abastecemento de auga potábel, que durante o pasado verán obrigaron a abastecer a boa parte da poboación do concello veciño con cisternas de auga depurada. Así o plasmaron esta mañá o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes nun encontro que mantiveron no Concello.

Logo de consultar con Augas de Galicia, o Concello de Barro trasladou a Pontevedra a posibilidade de facer unha captación propia dende Pontillón para facer fronte aos casos de seca. Sería unha capitación duns 5 quilómetros, até o primeiro depósito principal de Barro, e así poder estender o subministro por todo o Concello de Barro, nun proxecto de medio e longo prazo.

Pontevedra valorou a execución dun bombeo e a canalización en 360.000 euros. A depuración da auga non entraría neste orzamento.