Pontevedra, próximo Multisport Tríatlon!

12
    • A cerimonia de traspaso da bandeira da Federación Internacional de Tríatlon (ITU) remata unha completa fin de semana de promoción da cidade.

“Moitos dos que están aquí virán a Pontevedra, onde todos, independente da cor política, desde o posto de cada un, faremos un campionato que pague a pena vivir”. Con estas palabras animou o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a traballar xuntos para organizar en Pontevedra un gran pentamundial.

Foi na cerimonia de clausura do Multisport de Fyn (Dinamarca) que se celebrou na capital desta illa báltica e na que tamén participaron a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a secretaria xeral para o deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez, e os presidentes do triatlón mundial, Marisol Casado, do español, José Hidalgo, e galego, Óscar Surís.

Unha cerimonia que se iniciaba coa entrega de medallas do campionato do mundo absoluto de triatlón longa distancia, que ganou na súa sección masculina o campión pontevedrés Pablo Dapena, fortemente aplaudido por toda a delegación pontevedresa.

Ao remate da longa serie de premiación da xornada —con numerosos grupos de idade participantes— chegou o momento do paso da testemuña entre as duas cidades, que tivo como testemuña a presidenta da ITU, Marisol Casado. A bandeira azul pasou de mans do presidente da Federación Danesa de Triatlón, Mads Freuds, á do alcalde de Pontevedra, que a fixo rotar entre a secretaria xeral para o deporte da Xunta e a presidenta da Deputación. Posteriormente proxectouse en duas grandes pantallas un video resume do campionato de Fyn, e outro promocional de Pontevedra, pechando así o campionato.

As autoridades diron as grazas a toda a equipa técnica que participou estes días na representación do campionato de 2019 en Odense, dirixido pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, que coordenou os traballos das seccións de seguridade, mobilidade, loxística, voluntariado e promoción propiamente dito, que realizou numerosas reunións con responsables técnicos da ITU e da Federación Danesa de Triatlón.

Tanto a presidenta provincial como a máxima responsable autonómica de deportes fixeron súas as palabras de agradecemento do alcalde a toda a equipa que traballou en Odense para que a cidade estivese representada “co nivel que merece unha ocasión coma esta”.