Reunión para avanzar nos patrocinios do Multisport de Tríatlon e do Mundial junior de Balomán en 2019

14
    • O Concello participa nunha reunión no Consello Superior de Deportes, que informou ás federacións da tramitación necesaria para acollerse ao evento de excepcional interese público.

O Concello de Pontevedra participou esta mañá nunha reunión no Consello Superior de Deportes, en Madrid, para concretar o procedemento administrativo parello á declaración dun acontecemento como evento de excepcional interese público. No caso de Pontevedra, os Orzamentos do Estado 2018 recollen nesta categoría ao Mundial junior de balonmán 2019 e ao Multisport Festival de Tríatlon 2019.

Estes dous eventos, ao ter a categoría de excepcional interese público, atraerán o interese de empresas que poden converterse en patrocinadoras (ou asinar convenios de colaboración coas probas) a cambio de obter incentivos fiscais.

O xefe do departamento de Deportes, Jaime Agulló, estivo nesta reunión de coordinación acompañando ás federacións españolas de Balomán e Tríatlon, para coñecer os pasos legais necesarios para acollerse a esta declaración.

Será preciso a creación dun comité interadministrativo por cada proba, presidido polo Concello e coa secretaría en cada unha das federacións españolas, que velará polo cumprimento da normativa que esixe o Ministerio de Facenda. As empresas que o desexen poden converterse ben en patrocinadoras dos eventos, ou ben poden asinar un convenio de colaboración por cada unha das probas, contribuíndo economicamente a súa organización e difusión, e podendo obter beneficios fiscais.