Acevi reformará o mercado de abastos en dous meses

45
  • A obra, que comezará en setembro, ten un prazo de execución de dous meses
  • A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación da obra e acondicionamento do primeiro andar do mercado de abastos á empresa pontevedresa Acevi por 218.682,22 euros. O prazo de execución será de dous meses, a contar dende o inicio da obra previsto para setembro. É o segundo proxecto adxudicados dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) concedidos á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) de Pontevedra, após da adxudicación da renovación integral e estrutural do Pavillón Multiusos da Xunqueira.

Hai máis proxectos en carteira, nos próximos días reunirase a mesa de contratación para a adxudicación da reforma da rúa do Gorgullón, segundo informou o portavoz do Goberno local e concelleiro de Contratación, Raimundo González. E ademais estase a ultimar a seguinte actuación: a reforma e peonalizacón da ponte do Burgo.

A renovación da primeira planta da praza de abastos vai a supor “un antes e un despois na contorna e no propio mercado”. A reforma pretende acondicionar a planta superior para novos usos diferentes aos habituais, para ofrecer novas ofertas de produtos, mantendo a morfoloxía e distribución, mellorando a imaxe e a estética, e co propósito de dinamizar o Mercado de Abastos e mais tamén axudar á rexeneración económica do centro histórico de Pontevedra.

“Vai a estar a última” subliñou o portavoz do Goberno local, Raimundo González. O reformado piso dará acubillo a tendas de produtos ecolóxicos, a negocios de hostalaría que cociñarán e prepararán a demanda produtos comprados no piso inferior, etc.. e mesmo contará con consignas frigoríficas para que os clientes poidan gardar a compra de produtos frescos mentres estean ocupados en, por exemplo, gozar da oferta hostaleira e comercial da praza ou da zona.

Fondos FEDER

A actuación no Mercado de abastos redundará na mellora do desenvolvemento sostible da zona e a sustentabilidade futura da intervención queda garantida, e contribúe a acadar os obxectivos previstos no Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2020, e os obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI) Máis modelo Pontevedra, coa que o Concello de Pontevedra acadou os fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).