Chega de novo Itineranta

74
  • As rúas e praza do centro histórico acollerán 11 espectáculos de animación, música, teatrais e de fogo os días 7, 8 e 9 de agosto
  • Nove compañías galegas, do resto do Estado e unha francesa participarán no Festival de Espectáculos Itinerantes de Pontevedra

Nove compañías, once espectáculos de rúa. Animación con maiúsculas. A volta temos unha nova edición de Itineranta, en xa van nove o que fai do Festival de espectáculos de rúa itinerantes de Pontevedra un clásico no calendario festivo do verán da cidade e que avanza a chegada das festas da Peregrina. Os días 7, 8 e 9 de agosto as prazas e rúas do centro histórico converteranse nun gran escenario no que os espectáculos de animación, luz, só e fogo convidarán a participación de nenos e grandes.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, xunto con Laura de Grabriel, representante do grupo Troula, co organizador de Itineranta, presentaron os contidos do festival. “Temos por diante tres días de música, espectáculos de fogo, teatro na rúa…” sinalou a concelleira para de seguido convidar a todos e todas a “participar, a que se deixen levar” e a gozar das sorprendentes propostas que trae Itineranta.

“Non só é un espectáculo visual, buscamos a interacción da xente” sinala Laura de Gabril, convencida de que é esta interacción a crave do éxito de Itineranta.

Como nas pasadas edicións os espectáculos de Itineranta saen a rúa seguindo tres roteiros:

  • Roteiro A– Praza de Méndez Núñez, A Leña e a Peregrina
  • Roteiro B– Praza do Teucro, Cinco Rúas, praza de Méndez Nuñez e Curros Enriquez
  • Roteiro C- Praza do Concello, A Peregrina e praza Curros Enríquez

Programa: Martes 7 de agosto

  • 20.00 horas. ASACO PRODUCCIONES (Mérida). “Tanque Gurugu”. Roteiro B
  • 21.00 horas. YERA TEATRO (Granada). “Nómadas”. Roteiro A
  • 22.00 horas. REMUE MENAGE (París- Francia). “Abysses”. Roteiro C

Mércores 8 de agosto

  • 20.00 horas. SCURA SPLATS (Castellón). “La Selva”. Roteiro C
  • 20.30 horas. TROULA (Vigo). “Psycodelia” . Roteiro B
  • 21.15 horas. DISCÍPULOS DE MORALES (Badalona) “Pakostein”. Roteiro A
  • 21.45 horas. YERA TEATRO (Granada). “Lumen”. Roteiro C

Xoves 9 de agosto

  • 20.00 horas. INVENTI TEATRO (Vigo). “A tropa do doutor Milagre”. Roteiro A
  • 20.30 horas. FORANI TEATRE (Tarragona). “Banda Foránea”. Roteiro B
  • 21.15 horas. BAMBOLEA (Madrid). “Móvil”. Roteiro C
  • 22.15 horas. SCURA SPLATS (Castellón). “Cavaltheos Foc”. Roteiro A

COMPARTIR