Informe desfavorable do Concello á revisión da AAI de Ence

98
  • A autorización ambiental integrada permite límites de parámetros de contaminación que triplican a lexislación vixente (Lei 9/2010
  • Lembra que o Plan sectorial de incidencia supramunicipal ten que se anulado ao rematar o prazo sen cumprirse o obxecto para o que fora aprobad
  • O Goberno local seguirá traballando para acadar o obxectivo de que Ence e Elnosa abandonen a súa ubicación no prazo máis breve posible

O Concello de Pontevedra trasladou á Xunta de Galicia o seu informe desfavorable á revisión da AAI (autorización ambiental integrada) de Ence. O Goberno local informou do ditame na Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Medio Ambiente.

A concelleira de Disciplina Urbanística, Carme da Silva explicou ao remate da Comisión que existen razóns urbanísticas e ambientais de calado para rexeitar a revisión da AAI e reiterou a vontade do Goberno local de seguir traballando para acadar o obxectivo de que Ence e Elnosa abandonen definitivamente a súa ubicación no prazo máis breve posible.

Dende un punto de vista urbanístico e de ordenación do territorio, Da Silva sinalou que o Plan sectorial de incidencia supramunicipal (PSIS), aprobado no seu momento, tiña un obxectivo (a construción dunha fábrica de papel) o non se cumpriu. “Pasaron os prazos sen que se dese cumprimento ao obxecto do plan sectorial e nos entendemos que ese proxecto hai que anulalo, é nulo” .

Ademais, engade a concelleira, as Directrices de Ordenación do Territorio (DOT) e del Plan de Ordenación do Litoral (POL) “dicían que o ano 2018 era a data para comezar a recuperación deses terreos” .

Por outra banda, apunta a concelleira de Disciplina Urbanística, os límites de importantes parámetros ambientais fixadas na AAI – como sólidos en suspensión (SS), demanda química de oxíxeno (DQO) ou demanda biolóxica de oxíxeno (DBO) están por riba da lexislación ambiental vixente. Por exemplo, a lei 9/2010 establece para SS un límite de 15 mg/l e a AAI está en 57,86 e a empresa está emitindo 27,9 de acordo cos datos facilitados pola propia Ence do ano 2016.

“Na DBO é curioso porque o límite que establece a AAI é de 61 moi por riba do valor da lei 9/2010 que é de 25 -se está revisando unha AAI que permite límites que triplican a lexislación- pero é que ademais na concesión inicial, ao INI, establecía o límite en 20, por debaixo da lexislación vixente actual” sinala a concelleira.

informes municipais revisión AAI-ENCE