A Mesa de contratación do Gorgullón valora as 14 ofertas presentadas

35
  • As ofertas económicas van desde 1.209.800 euros de Oresa (a máis barata) até 1.445.600 euros de Prace (a máis cara)
  • EC Casas é a empresa mellor colocada- para a adxudicación ✴ Todas as firmas asumiron nas súas ofertas as mellorasformuladas polo Concello
  • A obra estará financiada nun 80% por Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER)

A Mesa de Contratación do Concello para o proxecto de reurbanización do Gorgullón reuniuse esta maña para avaliar e valorar as 14 ofertas presentadas. A obra está financiada con cargos aos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) concedidos á Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integral (EDUSI) de Pontevedra.

O concelleiro de Economía e responsable de Contratación, Raimundo González informou sobre a xuntanza da Mesa na que se viu a valoración do sobre B (proxecto de organización, cuestións relativas á accesibilidade, a seguridade, etc..) e se abriu a oferta económica. “Non procedemos a propoñer a ningunha empresa porque a proposta puntuada en quinto lugar entrou en baixa temeraria, por tanto temos que pedirlle que a xustifique” subliñou Raimundo González.

Entre as 14 propostas postas enriba da Mesa, a oferta máis barata é a de Obras, Reformas e Saneamentos SL Oresa, 1.209.831,83 euros e a máis cara a presentada pola UTE Prace-Excavaciones y Transportes Manuel Rodríguez SL, de 1.445.581,99 euros. O prezo de saída era de 1.554.055,03 euros.

Feita a avaliación do sobre B e mais da oferta económica a empresa mellor colocada é EC Casas SL cunha oferta de 1.258.629,17 euros, seguida de COVSA (1.271.994,05), a UTE Ediserpo- Ogmios e Explotacións Medioambientais, (1.274.362,32 ).

González Carballo informou que todas as empresas ademais de facer a oferta económica correspondente se comprometeron a facer as melloras formuladas polo Concello na convocatoria do concurso: o acondicionamento do entronque coa rúa da estación de autobuses, valorada en 90.000 euros e a mellora do pavimento da banda central da rúa, valorado en case 50.000 euros.

O Goberno local agarda que antes de final de mes xa esté xustificada a baixa, reunida de novo a Mesa para poder facer a proposta de que vaia a Xunta de goberno a aprobación da adxudicación e poder comezar a obra no mes de setembro.

Temos especial interés en que as obras comecen no mes de setembro porque hai unha coincidencia bastante grande no tempo coas de Virxe do Camiño e asi os veciños sofrirán durante menos tempo as molestias derivadas das obras.

A reurbanización da rúa Gorgullón -rúa que forma parte do tramo urbano do Camiño Portugués a Santiago- redundará na mellora do desenvolvemento sostible da zona. Ademais, contribúe a acadar os obxectivos previstos no Programa Operativo de crecemento sostible FEDER 2014-2020 e os obxectivos da Estratexia EDUSI Máis modelo Pontevedra, coa que o Concello de Pontevedra acadou os fondos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Craves do proxecto de reforma da rúa O Gorgullón:

  • Plataforma única co tránsito restrinxido á veciñanza e o comercio, sen estacionamentos como nas rúas Michelena ou Peregrina
  • Invérterase o sentido de circulación -pasará a ser sur-norte-; dúas vías transversais quedan en dirección a Eduardo Pondal -Moa e Travesía Eduardo Pondal- e peonalizarase a rúa do Muíño que salvará a pendente con escaleiras
  • O Camiño de Santiago quedará sinalado cunha cor e pavimento diferenciados entre calzada e beirarrúas e luces led no chan semellantes ao centro histórico.
  • Renovarase o alumeado con farolas led e redistribuiranse os puntos de alumeado.
  • Vaise a aproveitar a obra para mellorar e incorporar novos servizos. Está previsto ampliar a rede de auga potábel, completar o separativo de augas pluviais e fecais e instalar unha rede eléctrica novas.

Plano Gorugullon 3