Comeza a obra do campo de fútbol que permitirá duplicar o espazo de praia e lecer de Ponte Sampaio

346
  • Raimundo González, concelleiro da parroquia, achegouse até o lugar para supervisar que os traballos están en marcha
  • O proxecto foi adxudicado a Ediserpo por 1.163.536 euros e ten un prazo de execución de seis meses
  • No novo terreo poderán xogarse dous partidos de fútbol 8 ao tempo e terá dúas zonas de vestiarios, grada, cantina, etc.

Comezaron hoxe as obras do novo campo de fútbol de Ponte Sampaio, unha construción que vai a transformar de xeito substancial toda a zona xa que vai a permitir derrubar o vello campo, aínda en uso, e estender o espazo de praia e lecer a beira do Verdugo. Até a parcela, na que xa están traballando as márquinas, achegouse hoxe o concelleiro delegado da parroquia, Raimundo González quen visitou a obra acompañado por representantes e técnicos da empresa construtora.

Ediserpo é a encargada de levantar o novo campo de herba sintética de Ponte Sampaio que terá “dimensións homologables” e no que “poderá xogarse dous partidos de fútbol 7 (agora 8) ao tempo” sinalou o concelleiro. A instalación deportiva contará con dúas zonas de vestiario para árbitros e xogadores; unha grada; cantina; baños públicos e área de almacéns.

O proxecto foille adxudicado por 1.163.536 euros e a a súa oferta incluíu melloras nas instalacións e equipamentos, 5 anos de mantemento do céspede e mais o derrube do vello campo.

O proxecto vai máis máis alá dun campo de fútbol, pois a construción do novo equipamento – nunha parcela de 11.000 metros cadrados de nova adquisición- vai a permitir ampliar a zona de praia do río Verdugo, ampliar os espazos verdes e de xogos infantís e mesmo crear unha pérgola deportiva multiusos e ampliar o aparcamento. Falamos da remodelación de arredor de 30.000 metros cadrados.

COMPARTIR