Ponteatro, unha escolma da mellor escena galega e en galego

236
  • O Teatro Principal acollerá seis funcións: catro en sesións de xoves e dúas nos venres (golfos), entre setembro e decembro
  • O 15 de Novembro será a estrea da obra “Invisibles” baseada na libro de testemuñas de vítimas da violencia de xénero de Montse Fajardo
  • O pano levantarase tamén no Pazo da Cultura que acollerá a Tempada de Teatro, con cinco obras: unha para adultos e catro para público familiar

Co outono chega unha nova edición de Ponteatro, que traerá ao Teatro Principal unha escolma dos mellores espectáculos que se poden atopar na escena galega e en galego, seleccionados xunto coa Rede Galega de Teatro. O pano tamén se levantará no Pazo da Cultura onde a nova estación traerá a Tempada de Teatro.

A concelleira de Cultura, Carme Fouces, presentou hoxe a programación de Ponteatro e da Tempada de Teatro para o último trimestre do ano, unha oferta variada e de calidade e con funcións para todo tipo de público. Convidou a todos e todas a tomar nota e facer planes para ir ao teatro.

Como en edicións pasadas, o gravado dunha estampa de teatro ilustra o cartaz de Ponteatro. Nos próximos días abrirase nas redes o concurso para adiviñar que parella é a representada na imaxe e gañar entradas de balde.

As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo por función é de 8 euros e menores, xubilados e parados, 4 euros máis gastos de tramitación. O abono para todas as funcións é de 36 euros. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Principal dende unha hora antes de comezar a función.

Ponteatro botará a andar o 4 de outubro e inclúe seis obras: catro funcións, que se celebrarán en xoves e ás 21 horas e dous funcións, correspondentes aos Venres Golfos que levantarán o pano ás 23.59 horas. Son as seguintes (ver dossier anexo):

Polo que respecta a Tempada de Teatro no Pazo da Cultura, a programación correspondente ao último trimestre do ano inclúe cinco obras: unha para adultos e catro dirixidas a un público familiar. (ver dossier anexo)

Neste caso a programación chega da man da plataforma estatal Platea que posibilita a inclusión de Pontevedra nas xiras que as compañías fan por todo o Estado.

As entradas para Ponteatro poderán adquirise de xeito anticipado en www.ticketea.com , no teléfono 902.044.226 ou na billeteira central da Casa da Luz. O prezo para función de adultos é de 16 euros máis gastos de tramitación e de 6 euros, no caso das familiares. De non esgotarse as entradas poderanse comprar na billeteira do propio Pazo da Cultura dende dúas horas antes de comezar a función.

(información actualizada en wwww.pazodacultura.org )

Dossier PONTEATRO OUTONO 2018

Dossier TEMPADA DE TEATRO OUTONO 2018

COMPARTIR