Iníciase a campaña informativa de tráfico do tríatlon de agosto

981

O Plan de tráfico deseñado para o desenvolvemento da proba de tríatlon que terá lugar a fin de semana do 25 e o 26 de agosto leva consigo unha campaña informativa cara ás veciñas e veciños que poden ver a súa mobilidade habitual afectada, especialmente no que toca aos medios a motor e as bicis. A mobilidade peonil garántese a través de puntos de cruce en todos os circuítos.

A diferencia con outros operativos de tríatlon é que neste caso existe unha proba de longa distancia, que require un maior despregue territorial. As estradas de Santiago (N550) e a que une esta última co Pontillón e Bordel (PO224), ate o cruce que conduce a Amil, en Sta. María de Xeve.

As vivendas que dan a estas duas estradas recibirán un folleto informativo, que se complementará con cartelería disposta en lugares públicos das parroquias de Cerponzóns, Alba, Lérez e Verducido. Tamén no entorno urbano (tanto no centro como en Monte Porreiro) distribuiráse un cartel en portais e espazos públicos.

Os elementos informativos que se elaboraron están compostos por mapas orientativos, horarios de restricións e impedimentos á circulación e o teléfono informativo que atenderá a Policía Local (986 833 080). Nalgún caso inclúen tamén os horarios das probas e os lugares polas de decorrerán.

Documentos adxuntos: