De Vacas, Sés e The Limboos, no Festival do Leite que porá o ramo ás festas de verán

361
  • A cita é o 15 de setembro na Illa do Cobo e é de balde

A Feira Franca non porá este ano o ramo as festas de verán de Pontevedra. O Festival do Leite, que promove a cooperativa gandeira Deleite, fará os honores e será cun cartel de luxo con De Vacas, Ses e The Limboos ao fronte. A cita -“unha romaría das de antes pero moderna”- e o 15 de setembro na Illa do Cobo.

A concelleira de Festas, Carme da Silva, acompañada polo coordinador de Deleite, Pedro González; o produtor musical Manuel Tarrío e o humorista Luís Davila desvelou hoxe o cartel e o programa do festival, unha proposta que “encaixa perfectamente coa filosofía que temos en Pontevedra do que ten que ser os festivais e actuacións que son de balde – pensamos que todo o mundo ten dereito a asistir sexa cal sexa a súa situación económica-, pensadas para toda a familia o que xera un ambiente máis agradábel e promove a mistura de xente de distintas idades e distintos gustos.

O Festival do Leite comezará pasado o mediodía e rematará após da media noite. Máis de doce horas ininterrompidas nas que haberá moita música, xogos, obradoiros infantís, un deles de banda deseñada guiado polo debuxante Luís Davila.

Sobre o escenario estarán: De Vacas, Sés, The Limboos, Triángulo de Amor Bizarro, Bifannah, Disco Las Palmeras!, The Soul Jacket, La Casa de los Ingleses, Cora V (antes Cora Sayer). Gold & Golt, Carlangas DJ e no espazo familiar estarán María Fumaça e A Gramola Gominola.

dro González subliñou o empeño da cooperativa Deleite a prol de que no seu festival todos os músicos e grupos sexan galegos ou relacionados dun xeito directo con Galicia, así como a súa aposta por organizar un festival familiar. Agradeceu a “axuda incondicional” que atopou no Concello de Pontevedra cando formularon o seu interese en celebrar na Boa Vila a terceira edición do seu festival, os anteriores foron en Santiago e Lugo e a proba está no préstamo da Illa do Cobo como “escenario inmellorable” para a cita do 15 de setembro.

Deleite é unha cooperativa na que os gandeiros galegos comercializan directamente o seu leite. Naceu en 2016, ano no que tamén puxeron en marcha este Festival do Leite, ao decatarse de que en Galiza existían máis de 200 festas gastronómicas pero ningunha delas vinculadas ao sector, que ten máis de 10.000 microempresas, máis de 360.000 vacas e supón o 40% do sector lácteo español.

cartaz Doleite201pdf