Posta a punto dos colexios cara o inicio do curso escolar

60
  • Os traballos de mantemento do verán afectaron a doce centros educativos
  • As reparacións feitas durante o verán inclúen pintado de aulas, arranxos de falsos teitos, renovación de saneamento, reubicación de xogos, etc.

O Concello ultima os traballos de posta a punto dos centros educativos de Infantil e Primaria coa mirada posta no inicio do curso escolar. En total son doce os colexios nos que se actuou ou se está acabando de actuar neste verán do 2018, atendendo as demandas das directivas e após dunha avaliación dos servizos técnicos do Concello que determinan se as peticións están dentro ou non da competencia local.

Estes traballos corren a cargo dos contratos de mantemento asinados polo Concello o pasado ano con dúas empresas para a realización de obras menores de reparación nos colexios previamente definidas polos técnicos municipais. Acevi se ocupa do mantemento dos centros do norte do municipio e GPD dos do sur.

Os contratos teñen un valor 100.000 euros anuais e unha vixencia de 4 anos. Con esta contrato gáñase en sinerxías, redúcense os custes e elimínase burocracia administrativa xa que até o de agora realizábase un contrato por cada obra.

Actuacións:

  • CEIP A Xunqueira I. Pintado de aulas e fixado de varanda de madeira de Educación Infantil.
  • CEIP A Xunqueira II. Pintado de varias dependencias
  • CEIP Vidal Portela. Pintado de porches de entrada ao colexio
  • CEIP San Bieito de Lérez. Instalación eléctrica para o comedor. Pintado de aulas de Educación Infantil
  • EEI Fina Casalderrey. Cambio de ubicación dos xogos do parque infantil do exterior á zona cuberta. Reparacións de falsos teitos.
  • CEIP Marcos da Portela. Traballos de reparación en falsos teitos e de mobiliario dos vestiarios
  • CEIP Santo André de Xeve. Arranxo no local destinado ás ANPA
    CEIP San Martiño- Salcedo. Formación de pista de formigón e gradas no exterior.Pintado de aulas
  • CEIP Cabanas- Salcedo. Pintado de dependencias de secretaría e zonas comúns. Pintado da pista deportiva
  • CEIP Ponte Sampaio. Pintado de pista deportiva
  • CEIP A Carballeira- Lourizán. Pintada de fachadas. Arranxo de alicatados no interior do edificio
  • EEI Crespo Rivas. Reparación e renovación do saneamento dos aseos do colexio
COMPARTIR