Solicitude de entrevista ao presidente da Xunta para repasar os investimentos en Pontevedra

25

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores enviou esta mañá unha carta dirixida ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, na que lle solicita unha próxima reunión para facer seguimento dos diversos proxectos que a Administración autonómica ten en marcha na cidade e, especialmente, aqueles de maior complexidade que están en trámite.

Na súa misiva, o alcalde fai alusión ao edificio xudicial, estación de autobuses ou a reforma do edificio de Benito Corbal, todos eles proxectos en marcha, así como outros en trámite como o Hospital Montecelo e a Variante de Alba.

Fernández Lores tamén apunta a posibilidade da colaboración da Xunta co proceso de implantación da compostaxe na cidade ou o retorno da sede da RTVG na cidade.

Carta Feijoo 2018