O Concello sortea as hortas urbanas entre as 70 solicitudes recibidas

178

    • Será o vindeiro venres, 14 de setembro, ás 11.00 horas nas oficinas municipais de Churruchaos.

A Concellaría de Medio Ambiente sorteará o vindeiro venres, 14 de setembro, as hortas urbanas de Finca do Conde e de Monte Porreiro entre as 70 solicitudes presentadas dende o pasado mes de xullo. Será ás 11.00 horas, nas oficinas de Medio Ambiente, no edificio municipal de Churruchaos.

Dende hoxe, está colgada na páxina web do Concello pontevedra.gal un documento no que figura os DNI dos solicitudes xunto a un número, que será o que teñan no sorteo. Nalgún caso, tamén aparecerá a documentación que deberán achegar ou subsanar, para o que teñen de prazo até o vindeiro mércores, 12 de setembro.

Cabe lembrar que o Concello de Pontevedra realizou durante os pasados meses un proceso de reformulación das hortas urbanas municipais para darlles unha articulación legal máis acaída e unificalas no departamento de Medio Ambiente, xa que, até o de agora, a Finca do Conde a xestionaba Igualdade.

Nesta nova andaina das hortas municipais poderán ser beneficiarios destas fincas:

      • Persoas maior de idade
      • Empadroados en Pontevedra
      • Non teñan sido revogados como usuarios en anteriores convocatorias

Asignaránselle hortas en función dos seguintes criterios:

    • Daráselle a opción a aqueles usuarios que teñan xa asignada unha horta e queiran seguir cultivándoa.
    • As restantes irán todos a sorteo, tendo en conta que terán prioridade as vinculadas aos Servizos Sociais e ao CIM, e a continuación irán o resto.
    • As persoas que non teñan opcións, quedarán nunha lista de agarda. Tendo en conta que o Concello fará un seguimento e control do cultivo das hortas, poderá quitar a concesión a aqueles que non as traballen, reasignándoa na lista de agarda.

A concesión será por dous anos prorrogables a outros dous, e a obrigada carencia de dous anos antes de poder volver a iniciar o proceso de concesión.