Propostas de novas actuacións nos ARI do centro histórico e Estribela por valor de 3,7 millóns de euros

26
  • ARI de Estribela: 80 rehabilitacións particulares e dúas intervencións no espazo público: beirarrúas en Marqués de Valterra e muro de sostemento no linde do concello
  • ARI do centro histórico: 140 actuacións en vivendas e 2 en espazos públicos: rúa Pasantería e entronque da Ferrería coas rúas Aduana, Laranxo e Pasantería
  • Os proxectos de Estribela están valorados en 792.578,52 euros e os do centro histórico en 2.883.455,23

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe as solicitudes de participación no programa de Fomento da rexeneración e renovación urbanas do plan 2018-2021 para o ARI do núcleo de Estribela (8a fase) e o ARI do centro histórico (3a fase), unhas actuacións que terán un custe global de preto de 3,7 millóns de euros.

Raimundo González, portavoz do Goberno local, informou que no caso do ARI de Estribela, as actuación solicitades suman 792.578,52 euros, cuxos custes terán que ser asumidos polas administracións -Ministerio, Concello e Xunta- e os particulares. En totalson 82 as intervencións formuladas: 80 de rehabilitación e renovación de vivendas e locais comerciais (promotores privados) e 2 de reurbanización de espazos públicos (promotores públicos).

Os proxectos no espazo público a acometer no marco do ARI de Estribela son os seguintes:

  • Beirarrúas na avenida Marqués de Valterra, en dirección Pontevedra
  • Muro de sostemento na avenida Montero Ríos, no linde co concello

Polo que respecta ao ARI do centro histórico, as actuacións formuladas suman 2.883.455,23 euros e como no caso anterior os custes terán que ser asumidos polas administracións -Ministerio, Concello e Xunta- e os particulares. Neste caso son 142 as intervencións planeadas: 140 de rehabilitación e renovación de vivendas e locais comerciais e 2 de reurbanización de espazos públicos.

Segundo informou o concelleiro Raimundo González, as dúas actuacións previstas no espazo público (reurbanizacións) son as seguintes:

  • Entronque da praza da Ferrería coas rúas Aduana, Laranxo e Pasantería
  • Rúa Pasantería, dende a Ferrería ate a praza da Leña.

O Concello remitirá a memoria dos proxectos solicitados para os ARI de Estribela e do casco histórico ao Ministerio para a súa aprobación, que a experiencia amosa que non atopa atrancos.

ARI de Estribela            ARI centro histórico

COMPARTIR