Máis de 20 empresas presentan oferta á reforma do último tramo de Benito Corbal

61
  • A Mesa de Contratación abriu a semana pasada as ofertas que están sendo estudadas polos técnicos municipais.

A Mesa de Contratación do Concello de Pontevedra abriu a pasada semana 23 ofertas para executar a reforma a última parte de Benito Corbal, o tramo situado entre Sagasta e a praza do Hospital. As compañías que presentaron oferta son:

    • Ediserpo S.L.
    • Montajes J.M.Iglesias S.L.
    • Construcciones y proyectos Abilleira
    • Naturgalia
    • Construcciones Obras y Viales
    • Construcciones Fechi
    • ACEVI
    • E.C.Casas
    • Narom
    • Obras y saneamentos de Galicia
    • Movimientos de áridos y construcciones de Arosa
    • Sestrama-Ibérica
    • Construmax de Contratas
    • Explotacións medioambientais
    • BCNOR Gestión y Soluciones avanzadas
    • Sergonsa Sevicios
    • Fevisa Vías y Obras
    • Nexia Infraestruturas
    • Obras, Reformas y Saneamientos
    • Construcciones Ramírez
    • Elsamex
    • Xestión Ambiental de Contratas.

A actuación ten un orzamento de 218.000 euros e un prazo de execución de 4 meses.

A decisión municipal de reformar este último tramo de Benito Corbal débese ao intenso tráfico peonil que ten a rúa. Proxéctase ampliar os espazos peonís, mellorar a mobilidade e seguridade das persoas e garantir o tráfico de servizos (carga e descarga, servizos, accesos a garaxes… ).

Desbotada a plataforma única, óptase por un deseño que inclúe a ampliación de beirarrúas (pasarán de 3 a 4 metros de ancho) a supresión de prazas de aparcamento libres e a creación de prazas de servizos (un carril na marxe dereita).