Un pequeno xardín mellorará o espazo verde entre José Malvar e a vía do tren

26

O Concello de Pontevedra comezou esta semana traballos de mellora na rúa José Malvar  -na parte alta da rúa (xunto a Loureiro Crespo)para acondicionar un espazo de terra situado entre a beirarrúa e o peche da vía do tren. É un terreo que quedou fóra do ámbito da vía que agora se incorpora á beirarrúa.

A actuación consistirá na ampliación da beirarrúa coa colocación de máis enlousado e a montaxe dun pequeno xardín que permita harmonizar o peche da vía co entorno.

Aínda que se trata dun pequeno espazo do barrio, o Concello considera moi importante ir acondicionando estes recunchos para mellorar a imaxe de toda a cidade, como a próxima intervención na zona verde de Joaquín Costa con Poza dos Canos.