‘A procura do tesouro’, ‘A hora do conto’ e ‘Rocklab’ ofertan más de 300 prazas para rapazada de 4 a 17 anos

216
  • As inscricións realizaranse por primeira vez de xeito telemático os días 8 e 9 de outubro e a orde de recepción non determinará a concesión
  • Nas actividades onde a demanda supere a oferta a asignación de prazas terá lugar a través dun sorteo público o día 11
  • Priorizarase ao alumnado que estivera matriculado en edicións pasadas das actividades.

A programación de obradoiros para nenos/as e mozos/as que leva a cabo o Concello de Pontevedra no Pazo da Cultura bota a andar un ano máis ofertando máis de 300 prazas nos obradoiros ‘A procura do tesouro’ de Migallas Teatro, ‘A hora do conto’ de Pavís Pavós e RockLab de Rocklab Team.

Como novidade, este ano as inscricións, realizaranse unicamente a través do email coordinacion@pazodacultura.org entre as 00:01 do 8 de outubro e as 23:59 do 9 de outubro, achegando debidamente cuberto e no prazo sinalado, un formulario por neno/a e actividade.

As follas de preinscrición estarán dispoñibles a partir de hoxe na web www.pazodacultura.org onde aparecerán publicadas o día 10 as listaxes provisionais de admitidos/as nas diferentes actividades.

Naquelas obradoiros onde a demanda supere a oferta, o día 11 realizarase un sorteo público para a asignación das prazas, priorizando o alumnado que participou en anteriores edicións.

Para as actividades nas que queden prazas vacantes logo día 11, os formularios de inscrición permancerán dispoñibles na web e serán recepcionados a través do mesmo correo.

Promovidas pola Concellaría de Cultura, desenvoltas integramente en galego e dirixidas a nenos/as a partir de 4 anos, serán levadas a cabo nas instalacións do Pazo da Cultura de outubro a maio.

Á HORA DO CONTO
Este proxecto de animación á lectura vén da man de Pavís Pavós, un grupo de narradores (Tareixa Alonso, Xacobe Rodríguez que contarán con diferentes colaboracións) coa finalidade de transmitir aos nenos/as o gusto polos libros.

Partindo da oralidade, Pavís Pavós traballa en torno ás historias de tradición galega para estimular a imaxinación a través dos sentidos con contos, actividades plásticas, culinarias, xogos, etc. Conta cun único taller para 40 nenos/as de 4 a 12 anos, celebrado os sábados en horario de 12:00 a 13:30h. Botará a andar o 20 de outubro e ten un custo de de 50€ a realizar nun único pagamento.

A PROCURA DO TESOURO
Este taller impartido por monitores/as da compañía teatral Migallas Teatro coa coordinación de María Campos, estará composto por 7 cursos de Expresión Dramática, Plástica e Musical para rapaces e rapazas de 4 a 17 anos.

Migallas leva a cabo un traballo que estimula a fantasía e as aptitudes comunicativas e creativas dos nenos, fomenta a aprendizaxe do noso folclore, da nosa vila e favorece a fluidez na expresión oral e escrita en galego.

Botará a andar a semana do 15 ao 19 de outubro e durarán ata maio, cun total de 22 sesións. O custo da actividade é de 50€ en total a realizar nun único pagamento.

  • Taller 1: de 8 a 12 anos Luns de 17.00 a 18.30h. Comezo: 15 de outubro | Prazas: 15
  • Taller 2: de 8 a 12 anos Luns de 18.30 a 20.00h. Comezo: 15 de outubro | Prazas: 20
  • Taller 3: de 8 a 12 anos Martes de 18.00 a 19.30h. Comezo: 16 de outubro Prazas: 20
  • Taller 4: de 4 a 7 anos Mércores de 18.00 a 19.30h. Comezo: 17 de outubro | Prazas: 45
  • Taller 5: de 4 a 7 anos Xoves de 17.30 a 19.00h. Comezo: 18 de outubro | Prazas: 45
  • Taller 6: de 13 a 14 anos Venres de 18.30 a 20.00h. Comezo: 19 de outubro | Prazas: 15
  • Taller 7: de 15 a 17 anos Venres de 17.00 a 18.30h. Comezo: 19 de outubro | Prazas: 15

ROCK LAB
A cara máis musical dos obradoiros infantís ven da man de RockLab Team. Con 6 talleres a seleccionar en función da idade, a actividade terá lugar os luns e xoves do 15 de outubro ao mes de maio. Cun custo total de 100€, a realizar en dous pagos de 50€ ao inicio de cada cuadrimestre.

  • Taller A ‘Revolta dos bechos!’ de 4 a 5 anos
    Luns de 16.00 a 17.00 h Comezo: 15 de outubro | Prazas: 20
  • Taller B ‘Este é o fin!’ de 5 a 6 anos
    Xoves de 16.00 a 17.00 h Comezo: 18 de outubro | Prazas: 20
  • Taller C ‘A máquina contra o home’ de 6 a 7 anos
    Luns de 17.00 a 18.30 h Comezo: 15 de outubro | Prazas: 20
  • Taller D ‘Contos e cantos escuros’ de 8 a 10 anos
    Xoves de 17.00 a 18.30 h Comezo: 18 de outubro | Prazas: 20
  • Taller E ‘2 bandas 2 contos’ de 9 a 11 anos
    Luns de 18.30 a 20.00 h Comezo: 15 de outubro | Prazas: 14
  • Taller F ‘A banda do Rocklab’: The Rebel SoundSystem de 11 a 14 anos (Alumnos/as que xa tiveron unha experiencia musical previa)
    Xoves de 18.30 a 20.00 h Comezo: 18 de outubro | Prazas: 10

TRIPTICO_OBRADOIROS DO PAZO_web