O Concello ten abertas obras por máis de 16 millóns

92
    • O concelleiro Demetrio Gómez informou esta mañá na Comisión de todos os proxectos que se están a executar

O concelleiro delegado de Obras, Demetrio Gómez deu conta esta mañá na Comisión de Mobilidade das obras que están en execución na cidade. Todas elas, de distinta envergadura, superan os 16 millóns de euros.

O concelleiro destacou o esforzo da coordinación do traballo de todos os servizos técnicos municipais e que con estes últimos proxectos, todos os centros de ensino do concello están acondicionados con medidas de seguranza viaria, xa que neste momento execútase o de Vilaverde e tamén se vai a levantar o paso de peóns fronte ao Vidal Portela, na rúa Avenida de Bos Aires, onde tamén se instalarán dous redutores de velocidade (no tramo entre pontes).

Demetrio Gómez destacou o esfozo do sostenemento dos espazos públicos para deixar a cidade nas mellores condicións para poder pasar o inverno. De aí, as pavimentacións que se están a suceder nestes días ou a mellora dos espazos peonís, coma na rúa Oliva.

DOTACIÓNS DEPORTIVAS

Accesibilidade do Pavillón Municipal

240.000 €

Reforma Integral do Pavillón Multiusos

2.100.000 €

Campo de Fútbol de Cerponzóns

1.000.000 €

Campo de Fútbol de Gatomorto

1.000.000 €

Campo de Fútbol de Campañó

1.000.000 €

Campo de Fútbol de Ponte Sampaio

1.000.000 €

Subtotal

6.340.000 €

CENTROS SOCIAIS

Centro Social de Lourizán

640.000 €

Centro Social do Burgo

440.000 €

Subtotal

1.080.000 €

 

MELLORA DO ESPAZO PÚBLICO

Virxe do Camiño

1.400.000 €

Cruz Vermella

1.400.000 €

O Gorgullón

1.500.000 €

Núcleo de Centralidade de Pidre

220.000 €

Acceso á Igrexa de Bora

60.000 €

Acceso aos Matos da Trepa

200.000 €

Reforma do Barrio da Seca (Rúa F. Olmedo, Rúa C. Gómez Rúa da Seca e novo parque da Seca)

750.000 €

Contorna do IES Torrente Ballester

240.000 €

Rúa Suecia

240.000 €

Camiño Escolar do CEIP San Martiño

130.000 €

Camiño Escolar do CEIP de Vilaverde

240.000 €

Mellora integral do alumeado de Bora

220.000 €

Mellora integral do alumeado da Canicouva

200.000 €

Remodelación da Xunqueira da Gándara

200.000 €

Subtotal

7.000.000 €

 

SANEAMENTO

Saneamento do Río dos Gafos

1.125.000 €

 

 Sostemento do espazo público

Axardinamento de varias rotondas (arestora, a da Ponte das Correntes)

80.000€

Sostemento do espazo público urbano (arestora, troco de pavimento na Rúa da Oliva)

240.000€

Asfaltados urbanos (Rúa da Oliva, Rúa de Sagasta, Rúa de Castelao e varias rotondas)

240.000 €

Sostemento do espazo público rural

240.000 €

Pintado de rúas (atención especial ás zonas de petición policial e contorna dos centros de ensino)

90.000€

Traballo da brigada

Revisión constante do alumeado público

SUBTOTAL

890.000€

 

TOTAL: 16.435.000€

COMPARTIR