O Ciclo de Butaca da BMP levanta o pano co concerto “De tradición” con Suso Vaamonde

27
  • Será ás 12:30 horas nas Ruínas de Santo Domigo, salvo que a choiva obrigue a celebralo no Teatro Principal
  • A programación estará composta por 8 concertos que terán lugar entre o 14 de outubro e o 13 de xaneiro
  • A entrada será libre a excepción do concerto solidario “Walt Disney o soñador”

A concelleira de Cultura Carme Fouces presentou – acompañada polo novo presidente da Banda de Música de Pontevedra, Jorge González e o director da mesma, Rafael Agulló- a programación dunha nova entrega do Ciclo de Butaca da BMP.

Fouces destacou as boas valoracións obtidas ao longo do ano pasado tanto polas interpretacións como polos directores convidados no Ciclo de Butaca e sinalou que “fomos quen de manter fixos os concertos os domingos cun grande éxito de público e agardamos desta volta recuperar esa dinámica e contar cunha asistencia masiva grazas aos destacadxs solitas e protagonistas programados”.

Jorge González destacou a implicación do Concello no apoio a este gran proxecto e sinalou ao director, Rafa Agulló, como artífice dunha programación excelente.

Bandas sonoras, obras orixinais para banda, composicións inéditas de novas promesas galegas, lírica, bandas convidadas e ate un concerto solidario con Walt Disney como protagonista, comporán, tal e como explicou Agulló, a programación do ciclo de outubro a xaneiro.

A programación que se retomará de marzo a maio sumará un total de 14 concertos. Todos eles con entrada de balde a excepción do solidario, que está por perfilar se terá entrada fixa ou furnas para realizar donativos.

CICLO DE BUTACA 18 -19

COMPARTIR