Publicadas as listaxes definitivas dos obradoiros ‘A procura do tesouro’, ‘A hora do conto’ e ‘RockLab’.

7
  • Pódense consultar na web do Pazo da Cultura de Pontevedra e redes sociais do Pazo e o Concello

Acábase de publicar a listaxe definitiva de preinscritxs con prazas confirmadas e en lista de agarda das actividades ‘A procura do tesouro’, ‘A hora do conto’ e ‘RockLab do Concello de Pontevedra, celebradas no Pazo da Cultura.

Enlace: http://www.pazodacultura.org/gl-ES/actividades/listas-definitivas-migallas–pavis-pavos-e-rocklab.aspx

As actividades, que ofertaban inicialmente 319 prazas, recibiron 334 solicitudes. Nun dos talleres, o número 3 de Migallas, a demanda foi tan elevada que a propia empresa propuxo ao Concello o desdobramento do curso, creándose 20 prazas a maiores para este obradoiro.

Por outra banda, cubríronse tamén todas as prazas, xerando listas de agarda, nos talleres 1,2,4 e 5 de ‘A procura do tesouro’ e o de Pavís Pavós ‘A hora do conto. Nestes casos a adxudicación realizouse mediante un sorteo público celebrado esta mañá nas oficinas do Pazo, tal e como indicaban as bases.

Actualmente habería prazas vacantes nos talleres 6 e 7 de Migallas e en todos os de RockLab. A partir de mañá, venres 12, as fichas de inscrición estarán de novo dispoñibles na web para estes cursos e deberán achegarse debidamente cubertas ao correo coordinacion@pazodacultura.org

Todas as actividades botarán a andar durante a próxima semana e estenderanse ata maio de 2019.

COMPARTIR