Convenio bianual Concello-Deputación para realizar actividades culturais

336
  • Supòn unha inxección de 470.000 euros e enmárcase no protocolo marco de colaboración asinado ao inicio do mandato que ten no respecto á autonomía municipal un das súas marcas de identidade
  • Haberá máis convenios, sinalan Lores e Silva que xa teñen no horizonte as vías perimetrais de Montecelo e o despregue dos composteiros individuais nas parroquias
  • O convenio financiará, entre outras citas, o Surfing The Lérez, Sete Falares, A Festa dos Libros ou Itineranta

O alcalde Miguel Fernández Lores e a presidenta provincial, Carmela Silva, asinaron hoxe un novo convenio de colaboración Concello-Deputación, neste caso, para o desenvolvemento de actividades artísticas, culturais e de promoción da cidade de Pontevedra. A institución provincial achegará para o desenvolvemento destas actividades unha partida bianual de 471.676,29 euros: 277.456,74 para o exercicio 2018 e 194.219,55 para o 2019.

O convenio fase ao abeiro do acordo marco de colaboración asinado polas dúas institucións ao inicio do mandato e que xa deu cobertura, como lembrou a presidenta Carmela Silva, as seguintes actuacións: obras de mellora da rede viaria de cidade, saneamento en Mourente e Bora, saneamento no río Gafos, herba sintética no campo de fútbol de Cerponzóns e Santa María de Xeve, o acceso a Monte Porreiro, o centro social do Burgo, o campo de fútbol de Campañó e Ponte Sampaio, a rolda leste (que xa viña de acordos anteriores) e o acceso a Príncipe Felipe… e “haberá máis”.

Miguel Fernández Lores declarouse “orgulloso” da relación que manteñen as dúas institucións “que benefician dun xeito claro aos cidadáns de Pontevedra” pois dende que

acordaron o protocolo marco de colaboración “foron moitos os convenios asinados, cunha inversión moi potente e certa axilidade”. Ademais, subliñou Lores, “é o Concello quen decide onde se inviste”. Un respecto á autonomía municipal que tamén subliñou Carmela Silva.

O convenio asinado permitirá financiar as seguintes actividades:

Ano 2018

  • Urbtopías
  • Experimenta e acción
  • Murais María Victoria Moreno
  • Surfing The Lérez
  • Sete Falares
  • Novos Cinemas
  • Paseantes
  • Itineranta
  • Festa dos Libros
  • Aña Urbana

Ano 2019

  • Surfing The Lérez
  • Sete Falares
  • Novos Cinemas
  • Paseantes
  • Itineranta
  • Festa dos Libros
  • Pontevedra. Unha cidade no século XXI
  • Cabos Soltos

O alcalde e a presidenta provincial concordaron en sinalar que haberá novos convenios de colaboración de aquí a que remate o mandato. “O alcalde xa ten na cabeza novas propostas de cara ao orzamento 2019” sinalou Carmela Silva, o que foi corroborado por Lores quen apuntou como próximos proxectos de colaboración Concello-Deputación, entre outros: as vías perimentrais de Montecelo e o seguimento do despregue dos composteiros individuais en todas as parroquias de Pontevedra.

convenio actividades artisticas, culturais e promocion cidade