Carlos Moreno ve un fito na decisión do alcalde de “devolver a cidade aos seus habitantes”

63
  • Profesor de Paris I-Pantheon Sorbonne, experto internacional en Smartcities e asesor da alcaldesa de París sinala que “hai que coñecer e dar a coñecer” Pontevedra
  • É o relator principal do III Forum RIES 18: Cidades intelixentes, saudables e amigables que reúne na Boa Vila a 300 profesionais da saúde e mundo sociosanitario

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores reibíu hoxe a Carlos Moreno, investigador da Paris I- Pantheon Sorbonne, experto en control intelixente de sistemas complexos e presidente da InTI (Innovación, Tecnoloxía e Investimento) e asistente da alcaldesa de París, Anne Hidalgo. É o relator principal do III Forum RIES 18: Cidades Intelixentes, saudables e amigables, que organiza o Clúster da Saúde de Galicia (CSG) e que dende hoxe, e até o 26 de outubro, reúne no Pazo da Cultura arredor de 300 profesionais vencellados á saúde e ao mundo socio sanitario.

Após da recepción Lores e Moreno fixeron un percorrido pola cidade co fin de coñecer polio miúdo o proceso de transformación urbana que fai de Pontevedra un referente no mundo. Neste paseo guiado participaron tamén Lucía Saborido, presidenta do Comité organizador do RIES 19 e Gisela García, manager xerente do Clúster Saúde de Galicia

O alcalde valorou que o Forum RIES 18 se teña realizado en Pontevedra, sobre a que Moreno dixo, “é un exemplo das cidades que están adaptándose aos cambios necesarios para se converter en comunidades humanizadas, saudables, resilientes, tolerantes, e coa tecnoloxía ao servizo das persoas”.

Interesado no modelo urbano da Boa Vila, Carlos Moreno subliñou o fito de estar “nunha cidade que, por decisión do seu alcalde e goberno, se entrega aos seus habitantes, aos cidadáns”. Unha experiencia única que, segundo este experto, “hai que coñecer e dar a coñecer”.

Estamos fronte a un cambio de paradigma, no que as persoas son a prioridade e os vehículos que circulan polas rúas son os necesarios. Carlos Moreno comprobou no seu percorrido guiado polo alcalde esta realidade. “Tiña moito lido e visto sobre Pontevedra mais supera con moito as miñas expectativas” indicou Carlos Moreno.

Para este especialista “os luxos actuais nas cidades son o espazo, o tempo, e o silencio”, un anhelo no que Pontevedra ten moito camiño adiantado.“Necesitamos imperiosamente”, tempo para as relacións sociais, para a interacción entre xeracións, razas e modos de vida”.

O gran impacto que a contorna ten na saúde e calidade de vida das persoas é o eixo central do Forum RIES IIII no que Pontevedra compartirá un panel de expertos con Porto (Portugal), Niza (Francia), Tallin (Estonia) e Tel Aviv (Israel). https://forumries.com/ #programa Falarán sobre calidade de vida, ecosistemas de saúde, experiencias colaborativas, relacións interxerenacionais, etc.