O Concello transforma o aparcamento de Uxío Novoneira en servizos

147
    • Os comerciantes amosaron a súa satisfacción por esta medida que permitirá dinamizar a rúa.

O Concello de Pontevedra transformará o estacionamento da rúa Uxío Novoneira, en aparcamentos de servizos, logo da petición que lle trasladaron onte os comerciantes da zona aos concelleiros Carme da Silva e Demetrio Gómez, logo da reunión que mantiveron na mesma rúa.

Na rúa tamén se reservará un espazo para o hotel Virxe do Camiño -durante as obras- e se está a estudar a posibilidade de instalar algunha praza para estacionamento de discapacitados.

A estes estacionamentos súmanse os do último tramo da rúa Eduardo Pondal, -en dirección ao centro da cidade, á man esquerda- que tamén se transformarán en aparcamentos de servizos, unha vez que rematen as obras.

Tanto Uxío Novoneira como Eduardo Pondal son rúas con moitos negocios comerciais que se beneficiarán das transformación das praza de estacionamento libre en aparcamento de servizos, segundo a liña doutros puntos da cidade.

COMPARTIR