Renovados os utensilios de cociña do Comedor de San Francisco

39

A Concellaría de Benestar Social Municipal entregou material de cociña e envasado ao Comedor Pan de los Pobres “San Francisco”, xa que a maioría dos utensilios que tiña en uso eran os mesmos dende a súa apertura.

O material entregado foi seleccionado pola cociñeira do comedor, xa que ten que ser uns utensilios específicos e de alta calidade dado o gran número de persoas que atenden cada día.

Neste comedor benéfico, onde acoden ao redor de 140 persoas en exclusión social que non dispoñen de medios propios para poder cubrir as necesidades básicas, neste caso as de alimentación, serven comida todos os días de luns a sábado e lles dan aos usuarios/as un bocadillo para a cea.

El Comedor Pan de los Pobres “San Francisco” leva realizando a súa actividade dende o ano 1988, polo cal este ano cúmprese o trixésimo aniversario desta importante labor solidaria.