A libraría Lello de Porto acolle a presentación do XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

3
  • O evento terá lugar do 22 de marzo ao 12 de abril en Pontevedra , terá a LIX lusófona como convidade e ‘A revolución’ como tema central
  • A presentación contou coa intervención da concelleira de Cultura Carme Fouces, a ilustradora portuguesa Mafalda Milhoes e a narradora Andrea Bayer que contaron contos á cativada asistente

O evento de promoción da lectura que cumpre en 2019 vinte anos, presentou a súa vindeira edición hoxe na libraría Lello de Porto. A mesma, que se celebrará en Pontevedra do 22 de marzo ao 12 de abril, contará coa LIX lusófonona como cultura convidada.

Logo de que a mascota Orbil, o lobo do Salón, xerara unha grandísima expectación ás portas da libraría Lello, ateigada de xente que agardaba para entrar, a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, iniciou o su discurso xustificando a selección da revolución como tematica. ‘Aínda que nun comezo semellara complicada, a revolución supón que, entre todos e todas, podemos cambiar as cousas. A revolución de deixar entrar os libros na nosa vida, que nos serven para coñecernos a nos mesmos, o mundo que nos rodea. É un tema transversal que se traballa nas escolas, que permite coñecer as revolucións que hai, houbo e teñen que haber. As revolucións están escritas, logo quen non lee, no pode facer a revolución.

Sobre a selección da cultura lusófona como convidada a concelleira destacou que ‘a orixe, a cuna do idioma é a mesma. A lingua que falamos nós e a que falades vós e foi en tempos unha soa. E daquela e hoxe hai máis cousas que nos unen que as que nos separan, por iso quexemos tender pontes para coñecer autores e Gabinete de comunicación Pazo da Cultura – Concello de Pontevedra Tel. +34.986.83.30.61 EXT.3204 e-mail: comunicacion@pazodacultura.org

Gabinete de Comunicación comunicacion@pazodacultura.org www.pazodacultura.org axenda.pontevedra.gal www.pontevedra.gal

autoras, ilustradores e ilustradores, editoras e contacontos de Portugal, Brasil, Angola, Cabo Verde, Mozambique, Timor, Macau, Guinea Bissao, Sao Tomé e Principe Con este evento queremos tender pontes que poidamos cruzar para encontrarnos e coñecernos mais.

A concelleira agradeceu a libraría LELLO a súa xenerosidade ao acoller este evento.’A librería que para moitos e moitas, entre as que nos atopamos nós, é a máis fermosa do mundo. E nos tempos que corren, unha libreria con máis de 150 anos de historia e que ten filas de xente a querer entrar nela, iso si que é unha auténtica revolución’

Como parte do irmanamento entre Galiza e a Lusofonía, son as parcerías que fomos facendo con eventos de literatura e ilustración de todo Portugal: as palabras Andarillas de Beja, Os Caminhos de Leitura de Pombal, o Braga em Risco de Braga ou o Fólio de Óbidos, onde a organización estivo hai pouco e de onde vén Mafalda: ilustradora, editoria, libreira e mediadora de lectura que colaborará tamén na vindeira edición como xa o fixo en anteriores

Os contos ‘A nai de San Pedro’ de Madalda Milhoes e ‘A ra da boca’ grande de Andrea Bayer, contadora pontevedresa que leva vinculada ao Salón dende os seus inicios como narradora e tamén como parte de Baobab Teatro, fixeron as delicias dos cativos/as que se achegaron a gozar dese anaquiño do Salón que se desplazou a Porto.

O Salón terá lugar do 22 de marzo ao 12 de abril en Pontevedra e tende unha ponte para recibir as visitas de cativos/as de ambas beiras do Minho.

COMPARTIR