O Campionato de Europa de Loitas Junior reunirá 500 deportistas de 36 países en Pontevedra

32
  • O evento terá lugar no Pavillón Municipal de Deportes do 3 ao 9 de xuño de 2019

Após dun intenso traballo previo, hoxe celebrouse no Concello a primeira reunión oficial do Comité organizador do Campionato de Europa de Loitas Olímpicas Junior – Loita Libre Olímpica Masculina, Loita Libre Olímpica Feminina e Loita Grecorromana- que se vai a celebrar en Pontevedra do 3 ao 9 de xuño de 2019 e que reunirá no Pavillón Municipal a medio milleiro de deportistas de 36 países.

A concelleira de Deportes, Anxos Riveiro; o presidente e xerente da Federación Española de Loitas Olímpicas, Francisco Javier Iglesias Serna e Luis González; Pablo Pintos, Florencio Pintos e Isabel González da Federación Galega de Loita e Anxos Riveiro, concelleira de Deportes mantiveron unha reunión técnica da que, entre outras cousas, quedou fixada a data de celebración do campionato; definiuse un calendario de traballo e a distribución de tarefas. Neste comité organizador tamén ten asento a Secretaría Xeral de Deporte da Xunta.

O alcalde Miguel Fernández Lores saudou aos membros do comité xusto antes de comezar a xuntanza de traballo co fin de interesarse sobre os avances na organización do evento.

O campionato europeo é o primeiro de carácter internacional de loita que vai a acoller Pontevedra, que si ten acreditada experiencia na organización de campionatos de España en todos os niveis: escolar, cadete, junior e senior. “É un reto e un paso adiante máis nesta disciplina” sinalou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro quen lembrou a importancia que terá para visibilizar o discorrer dun deporte minoritario mais que vai abríndose paso na cidade e no país.

O evento mobilizará a máis de 800 persoas: arredor de 500 deportistas -de 17 a 20 anos- máis adestradores, delegados, equipos de apoio o que traerá un retorno económico directo á cidade e unha importante publicidade engadida, pois como apunto Pablo Pintos da Federacón Galega de Loita o campionato retransmitirase por streaming ao mundo.

COMPARTIR