Pontevedra ten un puntazo ábrese á formación en cooperación empresarial

50
  • A Casa da Luz acollerá o 24 de novembro unha acción formativa centrada en fomentar a cultura creativa e colaborativa entre as empresas vencelladas ao Puntazo
  • Polo Correo do Vento celebra o 29 de novembro o seu décimo aniversario cunha contada para adultos e actividades para nenos e nenas


A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías presentou hoxe as próximas citas de Pontevedra ten un puntazo, programa que ten na industria, empresas e actividades creativas e innovadoras aos seus destinatarios.

Nas condicións económicas nas que nos atopamos neste momento, unha das claves para todas as empresas – pero especialmente para as micropemes – é a colaboración e a cooperación entre elas. A intercooperación inclúese coma un factor de competividade que permite ás pemes acceder a proxectos e mercados que polo seu tamaño resultarían complicados de executar e/ou captar. Unha realidade que ademais enfronta cambios lexislativos -como poder ser a nova Lei de Contratos. que condicionan as relacións coas administracións

Con este eixo central, Pontevedra ten un Puntazo pon en marcha a acción formativa “Facer dos cambios lexislativos oportunidades para as empresas do Puntazo” que ten como obxectivo crear as condicións óptimas para o diálogo e facilitarlles as ferramentas necesarias para que o desenvolvemento de proxectos empresarias colaborativos.

As sesións terán lugar na Casa da Luz e darán comezo o vindeiro 24 de novembro cunha xornada sobre a Lei de Contratos coa Administración Pública. Todas as xornadas terán lugar en sábado, en horario de 10.00 a 14.00 horas co fin de facilitar a asistencia dos profesionais das empresas que conforman o programa Pontevedra ten un Puntazo.

Para participar nesta acción formativa será necesaria inscrición previa para cada unha das xornadas, a través dun formulario on line dispoñible na páxina web do Concello de Pontevedra ou ben no enderezo electrónico pontevedratenunpuntazo@pontevedra.eu. As xornadas son de contido independente polo que os interesados poderán inscribirse naquelas que lles resulten máis interesantes para o seu desenvolvemento empresarial.

Ademais da formación en cooperación empresarial, dentro do programa formativo levarase a cabo unha xornada sobre a “Propiedade Intelectual no sector creativo e outros aspectos legais relacionados” da man do avogado pontevedrés Pablo Lois Carrera, membro de Pontevedra en un Puntazo.

O obxecto desta xornada é achegar aos asistentes cales son os seus dereitos, as formas de protección da propiedade intelectual así como aquelas acción legais que se poden levar a cabo contra a vulneración dos dereitos dos autores. Terá lugar o 4 de decembro ás 19.00 horas na Casa da Luz.

X ANIVERSARIO DE POLO CORREO DO VENTO

Pero non todo é formación dentro da programación de Pontevedra ten un Puntazo. Polo Correo do Vento, o proxecto de Carlos Taboada e Quique Mauricio, cumpre 10 anos de vida e quere celebralo con todos os seus compañeiros de programa.

Para iso teñen preparada unha xornada festiva o xoves 29 de novembro ás 20.00 horas na Casa da Luz, que contará cunha contada para adultos, unha actuación musical e a inauguración dunha mostra sobre a súa década de traxectoria promovendo a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade a e expresión artística das nenas e nenos. ( http://polocorreodovento.blogspot.

COMPARTIR