enfocA, moito máis que un encontro fotográfico

264
  • As fotoxornalistas Beatriz Císcar, Alba Sotelo, Mónica Patxot e Cristina Diez, preotagonistas da mostra Enfocadas, 4 olladas da actualidade
  • enfocA terá lugar do 23 de novembro a 9 de decembro

A fotografía como unha ferramenta de coñecemento, de comunicación, de goce estético e tamén de reivindicación. A concelleira de Dinamización Sociocultural, Carme da Silva, presentou hoxe enfocA-Encontro fotográfico, un evento cunha ampla programación no que terán cabida dende unha mostra de mulleres fotoxornalistas, até conversas con profesionais da imaxe; dende un roeteiro a un obradoiro infantil e unha quedada nocturna para fotografar a cidade. Ao seu carón tres das catro fotógrafas protagonistas da mostra “Olladas da actualidade”: Beatriz Císcar, Cristina Saiz e Mónica Patxot. A cuarta é Alba Sotelo.

enfocA terá lugar en Pontevedra do 23 de novembro até o 9 de decembro en distintos escenarios: o CITA; o Pazo da Cultura (presente no Culturgal) e a cidade.

enfocA (Encontro de Fotografía) é un evento adicado á imaxe que transcorre en Pontevedra e que aposta pola utilización de formatos, soportes e espazos non convencionais para facer circular as imaxes. Trátase dunha iniciativa na que se buscan contar historias a través das imaxes e das actividades.

Aspira a converterse nun punto de encontro e intercambio de experiencias entre profesionais, afeccionados e o público en xeral, unha cita onde aprender pero sen deixar de lado o aspecto lúdico dun evento destas características.

ACTIVIDADES

ENFOCADAS – 4 FOTOXORNALISTAS // 4 OLLADAS DA ACTUALIDADE.  Inauguración Venres 23 de novembro, ás 20.00 horas. CITA – Centro de Interpretación das Torres Arzobispais

Unha exposición de 4 fotógrafas vencelladas aos medios de comunicación e institucións da cidade – Beatriz Císcar Revenga, Mónica Patxot, Cristina Saiz e Alba Sotelo- que achegan a súa visión da actualidade ao tempo que reivindican o papel da muller no panorama actual dos medios de comunicación e da fotografía.

CONVERSAS CON Lucía Catoira Pan, premio Mestre Mateo 2018 á Mellor Dirección de Fotografía polo filme Doghs. Modera: Marisa Ciordia, xornalista PontevedraViva
Xoves, 29 de novembro, ás 20.00 HORAS. CITA – Centro de Interpretacións das Torres Arzobispais

Nesta actividade, os participantes poderán compartir un café con esta profesional da imaxe. Trátase de conversar, compartir inquedanzas, facer preguntas, … en definitiva fuxir dun discurso poñente/asistente para que tanto o profesional coma o público se poidan sentir nun ambiente distendido ao tempo que aprenden e reflexionan sobre fotografía.

ROTEIRO CUNCA E NÉCORA EXPERTXS. Venres 30 de novembro, ás 20.00 horas
Saída da praza da Peregrina. Actividade gratuita – Necesaria previa inscrición

Unha vez os participantes cheguen ao punto de partida, terán que pasar unhas probas que consistirán en preguntas básicas acerca da fotografía ou pequenos retos coma por exemplo, facer un tipo determinado de retrato a outrx compañeirx, .. Para que os asistentes adquiran coñecementos previos, contaremos coa participación do fotográfo Jaime Olmedo que explique conceptos básicos.

Esta actividade está plantexada coma unha xincana: para que os participantes sexan premiados e poidan acceder ás #estaciónsdeservizoturiña e repostar cun viño e pincho, terán que adivinar a través de fotografías que lles enviaremos ao WhatsApp, onde estamos (fotos de sitios emblemáticos, con algún “truco” para dificultar a proba, fotos antigas de Pontevedra, …).

Como recordó da visita os participantes levarán unha foto Polaroid e o “Certificado Turiño” pola súa participación.

FOTOMINI- En colaboración co Estudo Bonobo. Sábado, 1 de decembro. CULTURGAL – Espazo do Concello de Pontevedra Prazas limitadas.  Nenos/as: de 8 A 12 anos. Necesaria inscrición previa. Horario: de 11/ 12.30 e de 17/18.30

Actividade pensada para o máis pequenxs da casa. Consiste nun obradoiro intensivo de fotografía inspirado en Franscesco Tonucci e o seu método “a cidade dos nenos”. Dentro do seu proxecto observábase a cidade e enumerábanse os distintos problemas en relación á perspectiva dun neno.

Desde hai varios anos Pontevedra está a camiñar nesta liña. No 2010 puxeron en marcha o proxecto “ Camiños Escolares ”, en 2012 foi cidade declarada “ Cidade Solidaria coa infancia ”, e en 2013 paso a formar parte do proxecto de Francesco Tonucci, “A Cidade Dos Nenos”.
A finalidade do taller é que os e as participantes fotografen diferentes zonas da cidade relacionadas co concepto de Tonucci, ao longo dun paseo, con estas fotos montásese unha guía de viaxe para nenos e nenas, incluíndo as fotos que sacaron os e as nenas así como textos que poidan ir acompañando ás imaxes e un mapa cos puntos marcados de onde se sacou cada foto.

Cada participante deberá contar cunha cámara dixital, independentemente se é réflex ou non.

Docente do curso. Cristina Piñeiro Cotelo. Traballadora Cultural Poliédrica.
Graduada en Belas Artes, Posgrao Universitario en Igualdade de Xénero, Formación de Axentes para a Igualdade, Máster Universitario en Educación, Máster en Fotografía e Desenvolvemento de Proxectos, Técnica Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía e Técnica en Laboratorio Fotográfico.

Participou en exposicións colectivas como; Atenea 2018, Mulleres Artistas e Tecnologas, Valencia, 2018. Blue In, Museo das Ciencias de Castela-A Mancha, Conca, 2016. San Antón, Real Academia das Linguas e as Artes, Conca, 2015. Panspermia Electroacústica, Tras o aroma de Oort, Planetario, Conca, 2015. Outono fotográfico, A Coruña e Ourense 2013. Da Web á Parede, Museo de arte contemporánea Pablo Serrano 2012, Zaragoza. Corpo e espazo, Museo Casares Quiroga 2011, entre outras.

Desde o ano 2012 forma parte como membro colaborador en diversos colectivos artísticos que operan dentro da arte Social, das prácticas Artísticas Comunitarias, da arte Político e do Xénero, ademais actualmente dirixe e coordina a plataforma de creación e promoción artística +-35.
O seu marco de traballo sitúase dentro da arte Conceptual, combinando o seu traballo máis artístico e activista cun perfil profesional desenvolto e orientado cara ao campo do Deseño Gráfico, Web, a Fotografía e o Audiovisual, á vez que desenvolve o seu traballo como docente en talleres que relacionan a creatividade co deseño, a fotografía ou a programación.

VISIÓN NOCTURNA . Sábado, 1 de decembro. Horario: 18.00- 00.00 horas Saída: Casa da Luz Inscrición previa necesaria.

Organizaremos unha quedada nocturna onde fotógrafos profesionais e/ou amateurs sairán a noctambulear por todos os rincóns da cidade para fotografar un tema proporcionado pola organización de enfoca. Cada participante poderá entregar dúas fotografías que participarán nunha exposición colectiva no mes de xaneiro 2019. Un xurado profesional será o encargado de seleccionar a imaxe gañadora. O público asistente á exposición, que será na Casa Luz, elixirá o premio do público.

Ambas imaxes recibirán como premio material fotográfico e unha experiencia na cidade.

MAIL DE CONTACTO – ENFOCAENCONTROFOTOGRAFICO@GMAIL.COM

Biografías

BEATRIZ CÍSCAR REVENGA. Pontevedra, 1993
De carácter emprendedor e entusiasta, finaliza os seus estudos de técnico superior de Fotografía Artística na Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso ( A Coruña) no ano 2013. Posteriormente, o levar a cabo as súas prácticas no Diario de Pontevedra, a vincula de forma contundente co fotoperiodismo, permanecendo como becaria en dito medio por un longo período de tempo. Amante e defensora dos animais (Premio Nacional Travelguau 2018) e da fotografía, traballa actualmente como freelance dende 2017 e distribúe o seu tempo entre a docencia (2017/2018) e colaboracións con institucións e industrias, así coma reportaxes sociais de toda índole.

MÓNICA PATXOT. Madrid, 1977
Licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid e Técnico en Comunicación integral pola Universiade Francisco de Vitoria, o seu interese pola fotografía periodística permitiulle obter unha beca en La Voz de Galicia, na súa delegación de Santiago de Compostela. De volta en Madrid, traballa para diferentes medios ata a súa entrada en Diario 16, traballo que compaxinou coa actividade docente na Universidade. Con posterioridade, traballou en Diario Público dende a súa apertura ata o peche. Na actualidade traballa coma fotoperiodista en PontevedraViva

CRISTINA SAIZ. Pontevedra, 1993.
Técnico Superior en Iluminación, Captación e Tratamento da Imaxe e Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño en Fotografía pola Escola de Artes Antonio Failde de Ourense. Comezou a súa traxectoria profesional no periódico dixital PontevedraViva.com, onde colaborou durante diferentes periodos. Na actualidade traballa coma fotógrafa na Deputación de Pontevedra.

ALBA SOTELO. Bueu 1988

Son fotógrafa de vocación e poeta de corazón, pola que combino a miña paixón pola fotografía coa de narrar historias. Levo catro anos dedicándome de forma freelance á fotografía e vídeo profesional, estando máis especializada en traballar en imaxe de eventos culturais.

Formo parte da promoción 2006-2010 da Licenciatura en Comunicación Audiovisual e da primeira promoción do Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais – oséase, guión-, ambos pola Universidade de Vigo. No campo laboral, traballei como guionista, cámara e montadora para diversos entes e produtoras como Celta Producións S. L., CRTVG, Artemática S. L e Melodía Visual. Como non me pareceu suficiente, traballei durante estes tres últimos anos no campo do fotoperiodismo, profesión que adoro, para Diario de Pontevedra durante tres anos e colaboro en proxectos humanitarios e sociais.

Creo no audiovisual como elemento de transformación social, por iso ademais estou a investigar sobre fotografía participativa para crear cursos de empoderamiento de colectivos sociais a través da imaxe.

enfocA_Bases

enfocA_cartel