Avance no acondicionamento das hortas urbanas da Finca do Conde

61

    • Nunhas semanas poderán entregarse aos adxudicatarios, ao igual que en Monte Porreiro.

O concelleiro de Parques, Alberto Oubiña, visitou esta mañá os traballos de acondicionamento das novas hortas urbanas na Finca do Conde, no barrio da Parda, que estarán listas nuns días. Estas hortas xunto ás de Monte Porreiro, cuxo acondicionamento está moi avanzado, forman parte da nova xestión dos hortos municipais que adxudicou recentemente a Concellaría de Parques.

Na parcela da Finca do Conde habilitáronse 37 hortas urbanas de 18,4 metros cadrados  cada unha, que están sendo delimitadas con madeiras, facendo achegas de terra e de compost para abonalas.

Tamén se mellorou o acceso á finca, os puntos de rego ou o peche da parcela na que se topan as hortas, entre outras reparacións que se farán nestes días.

Ao respecto da horta de Monte Porreiro (con 22 bancais), o concelleiro adiantou que está practicamente rematada e que poderá entregarse aos adxudicatarios nos vindeiros días. A concesión será por dous anos prorrogables a outros dous, e a obrigada carencia de dous anos antes de poder volver a iniciar o proceso de concesión.

Cabe lembrar que o Concello de Pontevedra realizou durante os pasados meses un proceso de reformulación das hortas urbanas municipais para darlles unha articulación legal máis acaída e unificalas no departamento de Medio Ambiente, xa que, até o de agora, a Finca do Conde a xestionaba Igualdade.

COMPARTIR