Creaciones luminosas, encargada de instalar a iluminación de Nadal

89

    • Presentou unha oferta de case 139.000 euros e comezará nos vindeiros días a colocación dos arcos e do resto de motivos de Nadal.
    • A iluminación acenderase a finais de novembro ou primeiros de decembro.

Creaciones luminosas S.L. foi a adxudicataria do contrato da iluminación de Nadal 2018 e do Entroido 2019, nunha mesa de contratación celebrada esta mañá. A única oferta presentada para asumir a iluminación de Nadal presentou unha proposta de 138.913,90 euros, dos cales 22.009,90 son para o Entroido. O prezo de licitación era de 145.000 euros en total.

O concelleiro responsable de Contratación, Raimundo González explicou esta mañá que  se instalará unha árbore de 20 metros de alto, con acceso ao interior; e outra de 10 metros. Tamén se colocará unha bola de 4 metros de diámetro con acceso no interior.

Está prevista a instalación de:

    • 8 unidades de rótulos Nadal 2018
    • 150 arcos distribuídos nas rúas: 12 de Novembro, Oliva, Benito Corbal (tramo peonil e tramo con circulación), Santa Clara, Cobián Roffignac, Paseo de Colón, Daniel da Sota, Echegarai, praza do Concello, Estribela, A Seca, García Camba, Xoaquín Costa, Loureiro Crespo, Casimiro Gómez, avenida de Lugo, Riestra, Marquesa, Michelena, rúas de Monte Porreiro, Peregrina, Ponte Sampaio, Rosalía de Castro (zona peonil e tramo rodado), Sagasta, Virxe do Camiño, Xeneral Gutiérrez Mellado e Frai Xoán de Navarrete.
    • 86 motivos luminosos en 86 farois das rúas Alameda, Santa Clara, San Antoniño, glorieta Compostela, Cruz Gallastegui, praza da Ferraría, glorieta Loureiro Crespo, praza de Ourense, avenida de Vigo e Eduardo Pondal; e tamén nos camelias da praza da Ferraría onde se instalarán 900 micro-lampadas en cada un deles.

A empresa ofertou, a maiores, cinco arcos máis e cinco motivos para farois.

Raimundo González indicou que “queriamos que a iluminación de Nadal fose digna, pero non fachendosa”. Poderá estar en marcha a finais de novembro ou primeiros de decembro. Os traballos de instalación comezarán nestes días.

Como é habitual, a iluminación de Nadal complétase coa colaboración da Asociación Centro Comercial Urbano- Zona Monumental -para o casco histórico-, Aempe e outras asociacións de comerciantes en distintos puntos da cidade.