Obras de sostemento en prazas e rúas da cidade

44

O Concello de Pontevedra iniciou hai uns dez días traballos de sostemento do espazo público en todo o municipio. Son reparacións que fai a brigada municipal, distribuída en dous equipos, un que traballa a pedra e outro a lousa, en todos os itinerarios peonís da cidade.

Comezaron polas rúas máis céntricas e a medida que van executando, trasladaranse aos barrios.

Trátase dun labor intenso, que se complica polo elevado tránsito de peóns nas rúas que obriga aos traballadores das brigadas a ter que retirar o lousado, cortalo nas dependencias municipais e trasladalo logo á rúa ou praza que se está a reparar. Aínda que supón máis tempo, ocasiona menos molestias entre os veciños e peóns.

Fixéronse reparacións no centro histórico como na Porta de Travancas ou a praza de Celso García de la Riega. Tamén Sagasta, Daniel de la Sota ou Frei Xoán de Navarrete. Continuarán cara a rúa Galera, Violiña ou o barrio de Monte Porreiro.

COMPARTIR