Culturgal regresa á Pontevedra con novidades e melloras na súa 11ª edición

12
  • A feira terá lugar entre os días 30 de novembro e 2 de decembro nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra
  • Máis de 120 actividades como o concerto de Carlos Núñez ou a preestrea de Inversa Teatro, 80 expositores no Recinto Feiral e 16 no espazo de Arte Contemporáneo
  • A billeteira electrónica, a oferta de transporte en autobús dende as principais cidades galegas e un novo espazo gastronómico para incrementar a satisfacción do público.

A Feira de Industrias Culturais Galegas „Culturgal‟ presentou esta mañá na nosa cidade, sede do evento, a que será a súa 11ª edición, e tal e como destacou o seu presidente, Víctor López, “a primeira dunha nova década”.

Cargada de novidades que contribuirán a incrementar a satisfacción do numeroso público que cada ano se achega á feira, contará con servizo de autobuses dende Ferrol, A Coruña, Santiago e Lugo, unha canle de venda anticipada de entradas online, e a ampliación da oferta gastronómica mediante foodtrucks.

Un ano máis a programación nos diferentes espazos (libro, infantil, carpa, foro e arte) contará co coa participación dos grandes nomes da escrita en Galicia. Manolo Rivas (si, o sábado 1 co seu Vivir sen permiso e outras historias de Oeste), Ledicia Costas, Pedro Feijoo, Eli Ríos, María Reimóndez, Xose Duncan, Francisco Castro, Yolanda Castaño, Manuel Esteban ou Iolanda Zúñiga pasarán por Culturgal para presentarlle ao públicos as súas últimas obras. Serán días de lanzamento dos premios do ano: os Xerais con Emma Pedreira, Héctor Cajaraville e Carlos Negro, o Repsol con Antón Lopo e o García Barros con Ana Cabaleiro (publicados ambos por Galaxia), os premios Torrente Ballester e Raiña Lupa promovidos pola Deputación da Coruña, os premios Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade e Meiga Moira, con Baía Edicións ou o I Premio Maria Victoria Moreno de literatura xuvenil promovido por Urco.

A feira contará tamén con 4 espectáculos centrais como o musical de Carlos Núñez, a preestrea de Inversa Teatro „Sofía e as postsocráticas‟ o venres e os de caracter infantil o domingo: „O Viravai‟ con Paio e o poder da música ´s 12:00h e Xoán Curiel e A Banda do Verán con A Casa do Terror ás 18:00.

En total serán máis de 120 actividades, 16 as entidades expositoras no espazo Arte Contemporánea e 80 no Recinto Feiral. Tal e como destacou a concelleira de Cultura Carme Fouces “unha escolma da produción cultural do país pola que felicito á organización e que deberíamos aproveitar para facer o noso consumo persoal e tamén o dos presentes de Nadal” que festexou o ter visto medrar sen estancarse á feira durante 11 anos e estar a piques de acadar a perfección.

Dosier rolda de prensa Culturgal 2018