O Concello acenderá o 5 de decembro a iluminación de Nadal

134

    • Dende esta fin de semana estase a instalar case 400 motivos de luz de Nadal en máis de 60 rúas, prazas, barrios e parroquias do concello.
    • Entre as novidades deste ano está a instalación de catro árbores de Nadal (o da Ferraría de 30 metros e visitable); unha bola de luz de 6 metros e visitable; ou a decoración da balconada da Casa Consistorial.

O Concello de Pontevedra comezou a instalación da iluminación de Nadal esta fin de semana, e continuará os traballos nos vindeiros días até a súa inauguración prevista na tarde do 5 de decembro, como vén sendo tradición.

Entre as novidades do prego de Nadal deste ano, está a iluminación de rúas como a avenida da Estación, Josefina Arruti, a avenida de Vigo, María Victoria Moreno, Xeneral Rubín, Loureiro Crespo e a avenida de Lugo, entre outras moitas, até completar un total de 386 motivos de iluminación de Nadal en toda a cidade, no centro histórico e en barrios e parroquias como Monte Porreiro, A Seca ou Ponte Sampaio.

Tamén se instalarán catro árbores de Nadal: praza da Audiencia, praza de Curros Enríquez, Praza de Méndez Núñez e praza da Ferraría, este último de 30 metros de altura e visitable. Tamén se colocará unha bola de 6 metros de diámetro, tamén visitable, no cruce da rúas Daniel de la Sota, con García Camba e Peregrina.

Tamén é novidade a decoración da balconada de pedra da Casa Consistorial.

As rúas que estarán iluminadas na cidade son:

  • Benito Corbal (11 arcos)
  • Marquesa (2)
  • Virxe do Camiño (5)
  • Sagasta (5)
  • Frei Xoán de Navarrete (2)
  • Joaquín Costa (8)
  • Santa Clara (9)
  • Gutiérrez Mellado (4)
  • Loureiro Crespo (6)
  • Avenida de Lugo (2)
  • Rosalía de Castro (11)
  • Cobián Roffignac (10)
  • Daniel de la Sota (6)
  • Michelena (10)
  • Praza de España (10)
  • Avenida de Vigo (6)
  • Peregrina (13)
  • Echegarai (5)
  • Paseo Colón (5)
  • Riestra (7)
  • García Camba (6)
  • Oliva (9)
  • Eduardo Pondal (16)
  • Glorieta de Compostela (3)
  • Glorieta Loureiro Crespo con Doce de Novembro (2)
  • Doce de Novembro (4)
  • Josefina Arruti – Avenida da Estación (13)
  • María Victoria Moreno (17)
  • Ferraría (11)
  • Cruz Gallástegui (10)
  • San Antoniño (10)
  • Praza de Ourense (8)
  • Alameda  (12)
  • San Roque (9)
  • Fernando Olmedo (6)
  • Xeneral Rubín (6)
  • González Besada (7)
  • Andrés Muruáis (3)
  • Castelao (8)
  • Uxío Novoneira (4)
  • Blanco Porto (5)

No Centro histórico:

  1. Méndez Núñez (2)
  2. Curros Enríquez (3)
  3. Verdura (3)
  4. Leña
  5. Praza do Peirao (1)
  6. Don Gonzalo (8)
  7. César Boente (1)
  8. Sarmiento (5)
  9. San Román (8)
  10. Soportais da Ferraría (2)
  11. Fernández Vilaverde (1)
  12. Manuel Quiroga (5)
  13. Rúa Real (13)
  14. Serra (6)
  15. Princesa (1)
  16. Avenida de Santa María (1)
  17. Rúa Alta (1)
  18. Bastida (1)
  19. Alfóndega (2)

Centros urbanos de barrios e parroquias:

  1. Estribela (4)
  2. A Seca (4)
  3. Monte Porreiro (6)
  4. Ponte Sampaio (2)

Ademais da colocación de arcos e de elementos luminosos en farois, tamén estarán decoradas con iluminación de Nadal:

    • Nos accesos á cidade haberá 8 composicións de Boas Festas
    • Decoración das camelias da Ferraría (16)
    • Decoración das árbores da praza de San Xosé
    • Fachada da estación de bombeiros e do camión
    • Unha estrela na Ferraría
    • Unha árbore de 30 metros visitable na praza da Ferraría
    • Unha árbore de 10 metros na praza de Curros Enríquez
    • Unha árbore de 7 metros na praza da Audiencia
    • Unha árbore de 6 metros na praza de Méndez Núñez
    • Unha bola de Nadal de 6 metros de altura, visitable, no cruce das rúas Daniel de la Sota, Peregrina e García Camba
    • Decoración da balconada da Casa Consistorial
    • Decoración dos balcóns do Concello na rúa Michelena, 30.

Cabe lembrar que a empresa adxudicataria, Creaciones Luminosas S.L. foi adxudicataria cunha proposta de 138.913,90 euros, dos cales 22.009,90 euros son para o Entroido. O prezo de licitación era de 145.000 euros en total.

COMPARTIR